Programa da Deputación

Graduados en FP da Coruña poderán realizar prácticas en empresas europeas

A Fundación Axencia Enerxética Provincial (FAEPAC), dependente da Deputación da Coruña, coordina un programa de inserción laboral para graduados en ciclos medios de formación profesional.

Graduados en FP da Coruña poderán realizar prácticas en empresas europeas

O proxecto, que forma parte do programa europeo Erasmus+, permitirá que un total de 50 mozos da provincia da Coruña realicen prácticas en empresas europeas durante un período de dous meses.

As prácticas están destinadas a graduados a partires de decembro de 2016 en ciclos de grao medio de electricidade, enerxías renovables, electromecánica de vehículos automóbiles, instalacións de telecomunicacións, micro-sistemas informáticos e redes, instalacións eléctricas e automáticas, climatización, instalacións de produción de calor, construción ou medioambiente. Poderán realizarse en Portugal, Italia ou Alemaña, onde se ofertan 22, 20 e 8 prazas respectivamente.

A través deste proxecto, a Deputación da Coruña pretende promover e completar a formación académica dos recentemente graduados, e facilitar a súa futura incorporación ao mercado de traballo. 

Os centros educativos interesados en participar neste proxecto poden poñerse en contacto coa FAEPAC no teléfono 981 102 111 ou ben a través do correo electrónico planificació[email protected].

Graduados en FP da Coruña poderán realizar prácticas en empresas europeas