Cinco docentes realizarán tarefas de "job shadowing"

22 estudantes pontevedreses realizarán prácticas en empresas de catro países europeos

22 estudantes de Formación Profesional e cinco docentes pontevedreses viaxarán este mes aos países de Italia, Malta, Portugal e o Reino Unido grazas á segunda edición do proxecto de mobilidade “Practicum Depo”, integrado no programa europeo “Erasmus+”

22 estudantes pontevedreses realizarán prácticas en empresas de catro países europeos
Xornada de presentacións dos participantes no "Practicum Depo" da Deputación de Pontevedra.
Xornada de presentacións dos participantes no "Practicum Depo" da Deputación de Pontevedra.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola Deputada de Emprego, Montse Magallanes, saudou este martes aos participantes neste programa, e  agradeceu “o compromiso dos mestres e mestras coa participación neste proxecto, que supón que teñen que dedicar un tempo extra sen o que sería imposible que estes proxectos se convertesen nun éxito” que se traduciu en que “arredor do 15% das persoas que saíron noutras quendas deste proxecto atoparon un emprego”.

Carmela Silva asegurou que “Practicum Depo é un proxecto europeo, enmarcado no Erasmus+, coa importancia que ten que o noso estudantado adquira experiencias fóra do seu propio entorno que os e as permitan enfrontarse a esas novas realidades ás que os e as obriga o mundo no que vivimos, un mundo global”. Carmela Silva asegurou que “é fundamental aprender novas linguas que nos permitan desenvolvernos fóra do noso entorno, pero tamén ser moito máis competitivos no noso propio”.

Os e as participantes da primeira fase da mobilidade sairán cara aos seus destinos o vindeiro 31 de xaneiro e realizarán prácticas en empresas deses países cunha duración de entre 130 días ata os 182 as de maior duración.

“Practicum Depo” permitirá que en total este ano 2017 sexan 101 alumnas e alumnos e outras 5 persoas docentes de Formación Profesional de grao medio as que se despracen arredor do continente. Precisamente é a mobilidade do profesorado unha das maiores novidades desta edición do “Practicum Depo”. Os docentes realizarán tarefas de “job shadowing”, isto é, desprazarse ata diversas empresas para coñecer os métodos e procedementos que realizan para desenvolver as prácticas do seu alumnado.

A primeira edición de “Practicum Depo”, desenvolvida durante o ano 2016, contou coa participación de 123 alumnos e alumnas procedentes de 18 centros educativos.

22 estudantes pontevedreses realizarán prácticas en empresas de catro países europeos