O director xeral do Grupo Nosa Terra 21, elixido por unanimidade

José Silveira Martín releva a Víctor Nogueira na presidencia da Agef

José Bernardo Silveira Martín foi elixido presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) na XXIII asemblea xeral de socios celebrada en Santiago de Compostela. O director xeral do Grupo Nosa Terra 21 toma así o relevo de Víctor Nogueira á fronte da Agef.

José Silveira Martín releva a Víctor Nogueira na presidencia da Agef

Na súa primeira intervención, José Fernando Silveira Martín agradeceu a confianza dos socios da Agef e o traballo realizado polos seus predecesores no cargo. A máis, comprometeuse a “seguir loitando para mellorar as condicións das empresas familiares galegas, para que sigamos prosperando e contribuíndo ao desenvolvemento económico e social de Galicia”.

A Agef está constituída polas 60 principais compañías de propiedade familiar de Galicia e na asamblea celebrada hoxe fíxose balance das actividades do último ano e definíronse os obxectivos para esta nova etapa que comeza. O presidente electo da Agef constatou o crecemento da xeración de emprego nas empresas familiares galegas, con 447.000 traballadores no último exercicio de 2022. Galicia é a terceira autonomía con maior peso das firmas familiares, que suman 80.000 empresas e representan o 86% de todo o emprego privado de Galicia.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, felicitou ao novo presidente e salientou que a Xunta “ten como prioridade a industria, e ser facilitadora de medidas para favorecer a competitividade das nosas empresas e apoialas nos retos actuais, o enerxético e a dixitalización”.

Perfil de Silveira

Silveira, enxeñeiro industrial de formación, pertence á segunda xeración dunha familia empresaria con intereses no sector naval. É o director xeral do grupo Nosa terra 21 e conselleiro e secretario do seu consello de administración e durante case 25 anos foi responsable do maior hospital privado de España, Povisa.

A xornada contou tamén coa presenza do conselleiro de Facenda, Miguel Corgos López-Prado; a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites; e o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet.

José Silveira Martín releva a Víctor Nogueira na presidencia da Agef