Buscar
19:27h. Lunes, 12 de Noviembre de 2018

Dez datas ao longo do ano

Publicados os festivos nos que poderán abrir as grandes superficies durante 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG), os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais que non gozan de liberdade horaria poderán abrir ao longo do vindeiro ano 2019.

Os centros comerciais galegos poderán abrir 10 domingos e festivos durante 2019.
Os centros comerciais galegos poderán abrir 10 domingos e festivos durante 2019.

Logo da consulta previa ás principais organizacións do sector, ao Consello Galego de Consumidores e Usuarios e ao Consello Galego de Cámaras, os días de apertura, que tal e como marca a normativa son dez cada ano, repártense do seguinte xeito: o 13 de xaneiro, primeiro domingo trala data tradicional de inicio das rebaixas de inverno; o 18 de abril, Xoves Santo; o 30 de xuño, domingo previo á data habitual de comezo das rebaixas de verán; o 12 de outubro, Día da Hispanidade; o 1 de novembro, Todos os Santos; e todos os domingos de decembro, que se corresponden cos días 1, 8, 15, 22 e 29.

Calquera concello que o estime oportuno poderá solicitar ata o próximo 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para o seu termo municipal para adaptalo aos festivos locais ou atendendo a calquera outra circunstancia motivada.

Cómpre sinalar que estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que, con carácter xeral, poden decidir libremente o seu horario e días de apertura os establecementos de ata 300 metros cadrados, coa excepción dos que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa.