Imprimir

O CPEIG recoñece o catedrático Miguel Rodríguez Rubio, impulsor da da Facultade de Informática da UDC

Redacción | 18 de noviembre de 2020

Miguel Rodríguez Rubio, , catedrático da Escola Universitaria de Informática da UDC.
Miguel Rodríguez Rubio, , catedrático da Escola Universitaria de Informática da UDC.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorgará o Premio Traxectoria Profesionalda “XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” ao doutor en Informática Miguel Rodríguez Rubio, catedrático da Escola Universitaria de Informática da Universidade da Coruña (UDC).

A gala da informática en Galicia celebrarase o 27 de novembro en Santiago de Compostela, este ano cun encontro presencial e virtual que reunirá ás empresas máis destacadas do sector TIC en Galicia. Os premios da “XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” corresponden a dez categorías onde os colexiados e colexiadas do CPEIG recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática.

Miguel Rodríguez Rubio naceu en Oviedo en 1952, onde cursou os seus estudos básicos e de bacharelato. Nos anos 70, estudou Informática na Universidade de Deusto, pioneira na incorporación destes estudos. Licenciado en Informática na primeira promoción da carreira nesta coñecida universidade xesuíta, posteriormente revalidou os seus estudos ante o tribunal, superando a proba conxunta para a colación oficial do Grao. É tamén doutor ‘Cum Laude’ pola Universidade da Coruña, e fixo a lectura e defensa da tese en 1993 no primeiro acto académico que acolleu o novo edificio da facultade.

Tras terminar os seus estudos trasladouse a Galicia, e iniciou o seu desenvolvemento profesional en diversas empresas ás que sempre considerou a base da súa experiencia profesional. Inicialmente foi o director de informática do Grupo Conagra en España, composto por Saprogal, Bioter, Biona, Frigsa e outras compañías deste grupo de orixe estadounidense, un dos maiorese máis importantes do mundo no sector agropecuario. Tamén traballou en Norsistemas, empresa filial de informática de Unión Fenosa; foi xerente para Galicia da empresa Coritel do Grupo Andersen Consulting; e traballou no Grupo Fadesa como responsable da definición da organización, e tamén para o despregue de tecnoloxía TIC. No eido público, foi coordinador de informática na Deputación da Coruña, e colaborou co Concello da Coruña nun sistema de información urbanística para a aplicación do PXOM co fin de abrir a cidade ao mar.

Impulsor da Facultade de Informática da UDC 

Na súa figura como docente, Rodríguez Rubio participou activamente na promoción da idea e creación dos estudos universitarios de Informática na Coruña, primeiro na Escola Universitaria de Informática ao amparo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e despois na súa posterior transformación na Facultade de Informática da UDC.

Traballou tamén na elaboración e redacción dos plans de estudo para “responder a las necesidades de evolución tecnológica y de los modelos de contexto socioeconómico, y para aportar profesionalidad y un alto nivel de ingeniería en la materia de las TIC, tanto para el tejido empresarial como para diferentes organismos de la Administración pública o instituciones de I+D+i”. Exerceu a docencia desde o inicio da titulación, primeiro como profesor asociado, despois como titular e finalmente como catedrático.

Actualmente, imparte clase en varias materias do Máster Universitario de Enxeñaría Informática (MUEI), ao seu parecer unha peza imprescindible, principal e moi eficiente da formación da facultade coruñesa.“Con mis alumnos me gusta trabajar formando equipos de proyecto, intentando dar a las materias un carácter profesionalizante e inculcándoles la idea de la relevancia de la profesión, motivándoles para que, en sus objetivos, persigan responsabilidades directivas y desarrollen metódicamente buenas prácticas de ingeniería, siempre viendo la importancia de su profesión y evitando situarse en posiciones que minoren su relevancia”, sinala Rodríguez Rubio.

Nesta liña, Miguel Rodríguez Rubio destaca que a día de hoxe a participación dos enxeñeiros informáticos é crucial xa desde niveis estratéxicos das empresas, non só en cuestións técnicas como a construción de código, configuración de redes, despregues e equipamentos, senón que son os profesionais indicados para a análise de organizacións ou mesmo estudo de oportunidades. “La Ingeniería Informática es quizás la de más potencial y con mayor alcance del conjunto de las ingenierías, porque en ella se ampara la evolución de todas las disciplinas, incluyendo las ciencias aplicadas, medicina o educación”, indica o galardoado.

De maneira xeral, Rodríguez Rubio considera que as novas tecnoloxías son hoxe o “cuerpo y músculo” da evolución socioeconómica, pero engade que por si soas non garanten o seu correcto desenvolvemento, xa que deben ir acompañadas dunha evolución da cultura social, política e empresarial. “La informática supone una revolución, quizás la más importante, porque es la primera herramienta que apoya la mente” –argumenta–.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/protagonistas/cpeig-reconece-catedratico-miguel-rodriguez-rubio-impulsor-da/20201118175213015775.html


© 2020 Economía en Galicia

Contacto: [email protected] - [email protected]  

Aviso legal