Preside actualmente o Consejo Económico y Social de España

O economista Antón Costas ingresará na Real Academia Galega de Ciencias

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) incorporará este ano tres novos académicos, o economista Antón Costas, o arquitecto David Chipperfield e o físico José Manuel Fernández de Labastida, polos méritos acadados nos seus respectivos campos.

O economista Antón Costas ingresará na Real Academia Galega de Ciencias
Anton Costas, novo académico da Real Academia Galega de Ciencias.
Antón Costas incorporarase á Real Academia Galega de Ciencias.

Antón Costas, que ingresará na sección de Ciencias Económicas e Sociais da RAGC, é na actualidade presidente do Consejo Económico y Social de España, cargo que ocupa desde o ano 2021. 

Catedrático de Política Económica da Universidade de Barcelona (UB), Costas tamén presidiu o Círculo de Economía de Barcelona entre 2013 e 2016. Os seus intereses céntranse nos procesos de formación das políticas públicas e, de xeito particular, nos procesos de reforma económica sobre os que ten múltiples publicacións.

Por outra banda, o arquitecto David Chipperfield ingresará na sección de Ciencias Técnicas da RAGC. Chipperfield é unha das figuras máis eminentes e prestixiosas da arquitectura contemporánea, recibindo, entre outros, o Premio Pritzker de arquitectura 2023. En Galicia, impulsou a Fundación RIA, centrada na planificación territorial estratéxica, e conta tamén cun estudo de arquitectura.

Finalmente, a última incorporación á RAGC será a de José M. Fernández de Labastida, que ingresará na sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación. Labastida ocupou diversos cargos de responsabilidade no Ministerio de Ciencia e Innovación e desde 2021 é xefe da Unidade de Apoio ao Consello Científico do Consello Europeo de Investigación.

O economista Antón Costas ingresará na Real Academia Galega de Ciencias