Proxecto europeo liderado por AGACA

Os socios de AGROSMARTcoop visitan cooperativas pontevedresas no seu foro final

Entre o 29 e o 30 de novembro celébrase en Galicia o Foro Final de AGROSMARTcoop, que reunirá representantes das oito entidades españolas, francesas e portuguesas.

Os socios de AGROSMARTcoop visitan cooperativas pontevedresas no seu foro final

AGROSMARTcoop é un proxecto europeo que ten por obxectivo o fomento da integración, a competitividade e o crecemento económico intelixente das cooperativas do espazo SUDOE (España, Francia e Portugal). Acudirán tamén representantes de cooperativas galegas de todos os sectores agroalimentarios.

O xoves 29 o programa de actividades en Pazo Baión inclúe unha visita á adega, propiedade da Cooperativa Condes de Albarei. A continuación, desenvolverase o evento “Boas Prácticas e Estratexias de Comercialización e Márketing Intelixente”, onde se tratará o proxecto empresarial e social posto en práctica en Pazo Baión así como o selo Agroconfiance, un indicador de calidade das cooperativas agroalimentarias en Francia.

Na xornada do venres 30, o programa comeza nas instalacións de Cogal, entre as 10:30 e as 14:15h., e inclúe charlas sobre a experiencia de Cogal na industria e comercialización cárnica e sobre o proxecto empresarial de Coren.

Tamén se presentarán os resultados obtidos nas diversas accións desenvolvidas polo proxecto AGROSMARTcoop destinadas a crear un espazo de promoción, interconexión e interacción intelixente, dotando de estruturas, ferramentas e servizos avanzados de apoio ás cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE para mellorar na innovación tecnolóxica, de xestión e de comercialización a través do fomento do coñecemento, as boas prácticas e a intercooperación

Finalmente, visitarase o parque de maquinaria da cooperativa O Rodo, en Rodeiro, que vén de inaugurar ademais unha nova gasolineira e nave.

AGROSMARTcoop

AGROSMARTcoop é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa Interreg Sudoe 2014-2020 dentro do eixe prioritario de fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes do sudoeste europeo. O proxecto dispón dun orzamento total de 1.295.000,00 euros e remata a finais de 2018, tras dous anos de traballos. 

O consorcio internacional está conformado por: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, AGACA, encargada de liderar o proxecto; Cooperativas Agro-alimentariasCastilla – La Mancha, CACLM; Federación de Cooperativas Agro-alimentarias de Euskadi, FCAE; Centro de Investigaciones Científicas y Tecnológicas de Extremadura, CICYTEX-Junta de Extremadura; Association des RégionsEuropéennes des Produitsd’Origine, AREPO (Francia);  Coop de FranceNouvelleAquitaine, CDF NA (Francia); União Cooperativa Polivalente da Região Norte, UniNorte (Portugal) e Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, UTAD (Portugal).

 

Comentarios
Os socios de AGROSMARTcoop visitan cooperativas pontevedresas no seu foro final