Este xoves 22, en Santiago

O uso das enexías renovables no sector agroalimentario centra unha xornada de AGACA e Voltfer

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e a empresa Voltfer organizan este xoves 22 en Santiago a xornada “Xera a túa propia enerxía: enerxías renovables no sector agroalimentario”

O uso das enexías renovables no sector agroalimentario centra unha xornada de AGACA e Voltfer
El Consejo de Ministros ha derogado el peaje de respaldo al autoconsumo eléctrico.
Expertos analizarán os usos das enerxías renovables no sector agroalimentario

Un panel de expertos integrado por profesionais de Voltfer, de EnergyLab, ISEMPA e Ecoforest tratarán sobre as instalacións fotovoltaicas para autoconsumo, de biogás en explotacións gandeiras, do emprego da biomasa para usos térmicos e das posibilidades da xeotermia e a aerotermia.

Ao longo de dúas horas e media farase unha breve exposición dos proxectos e iniciativas acometidos por AGACA neste ámbito e rematará cunha mesa redonda onde se analizarán as tendencias e previsións de futuro das enerxías renovables nas cooperativas agroalimentarias de Galicia.

A xornada, que se celebrará a partir das 17 horas na sede compostelá de AGACA, está dirixida a calquera persoa que desexe aforrar no consumo de enerxía da súa explotación agroalimentaria. Quen queira acudir deberá inscribirse previamente chamando a AGACA ao 981 584 783.

O uso das enexías renovables no sector agroalimentario centra unha xornada de AGACA e Voltfer