O 18 de febreiro

A AEF presenta as axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a RSE

A Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF) coa colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade organizan o 18 de febreiro o webinar “Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a RSE”.
A AEF presenta as axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a RSE
A directora Xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, no webinar da Asociación Área Empresarial do Tambre.
A directora Xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, intervirá no webinar da Asociación de Empresarios Ferrolterra.

Este seminario web servirá para informar as empresas do programa de axudas para a elaboración e implantación de plans de igualdade, a conciliación e a obtención de certificacións en materia responsabilidade social empresarial (RSE).

Terá lugar o venres, 18 de febreiro ás 12 horas, e contará coa intervención de Elena Mancha Montero de Espinosa, directora Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade, e de Carlos Gómez Martínez, subdirector Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade.

O obxectivo da webinar é analizar e dar a coñecer as tres liñas de axudas que se inclúen neste programa, características de cada unha, requisitos dos beneficiarios, contía das axudas, prazos de presentación, etc. A primeira liña está dirixida a relaizar diagnosos da empresa en materia de igualdade, elaboración de plans de igualdade e implantación das súas primeiras accións; así como a contratación dunha persoa experta para asesorar á empresa en todo este proceso. A segunda liña son incentivos para o fomento do teletraballo, a flexibilidade horaria e a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten a implantación efectiva do traballo a distancia. Finalmente a terceira liña é de financiación para a obtención de certificacións en materia de RSE.

Os interesados en asistir a este webinar deben inscribirse no correo [email protected].

A AEF presenta as axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a RSE