A conselleira acude á presentación de resultados do proxecto Enxeño+

Lorenzana destaca o impulso a iniciativas empresariais innovadoras da Tecnópole

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou en San Cibrao das Viñas o Parque Tecnolóxico de Galicia, do que salientou a súa importancia tanto para o mundo empresarial como para a tecnoloxía e a innovación.  

Lorenzana destaca o impulso a iniciativas empresariais innovadoras da Tecnópole
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, xunto ao director da Tecnópole, Javier Taibo.
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, xunto ao director da Tecnópole, Javier Taibo.

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, salientou nesta visita á Tecnópole que esta ofrece un espazo de apoio tanto para emprendedores como para compañías con proxectos innovadores e tecnolóxicos, servizos especializados en continua evolución e infraestruturas científico-tecnolóxicas.

Grazas a este labor, hoxe o Parque Tecnolóxico é un espazo consolidado que aglutina un centenar de empresas, cinco centros tecnóloxicos, e numerosos empregos asociados. Durante a visita, a responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego salientou que o apoio da Xunta vai continuar precisamente porque estanse a ver os bos resultados e a importancia que ten a Tecnópole tanto para o mundo empresarial como para a innovación, a tecnoloxía e a investigación na Comunidade autónoma.

O Plan estratéxico da Tecnópole recolle entre os seus obxectivos para os vindeiros anos importantes proxectos entre os que destacan a posta en marcha dun Centro de Excelencia en Ciberseguridade, que será unha realidade en 2025; e o impulso dunha comunidade enerxética empresarial. Esta iniciativa pioneira enmarcada na Axenda Enerxética 2030 permitirá reducir o consumo e dotar de maior competitividade ás empresas. Prevese a instalación de 2MW de tecnoloxía solar fotovoltaica que posibilitará cubrir o 20% da enerxía das empresas participantes. 

Impulso á produción sustentable de taboleiros

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiu tamén en Tecnópole á presentación de resultados do proxecto Enxeño+, liderado polo Grupo Finsa no marco do programa de Fábrica Intelixente e Sustentable. A iniciativa, que contou cun apoio da Xunta de Galicia de 2,64 millóns de euros dentro dun orzamento total de 10,6 millóns de euros, contou coa colaboración de Aimen, Cesga, Citius e EnergyLab, ademais de empresas como Imatia, Dalp e DXC. 

O proxecto permitiu avanzar na produción sustentable de taboleiros, incidindo en aspectos como a mellora dos procesos loxísticos, a redución dos custos operativos, a mellora nos procesos de transformación de madeira centrados en produtos finais de alta calidade e bo acabado, e a produción rápida e altamente precisa mediante o emprego de robots, aplicacións robóticas e outras ferramentas automáticas. 

Ata o 2 de outubro está aberta a convocatoria 2023 do programa Fábrica Intelixente e Sustentable, dotada con 24 millóns de euros.

Lorenzana destaca o impulso a iniciativas empresariais innovadoras da Tecnópole