ÁS 11:00 HORAS NO VIVEIRO DE EMPRESAS DE COSTA VELLA

A Cámara de Santiago organiza un taller sobre as finanzas persoais dirixido a emprendedores

A Cámara de Comercio de Santiago celebrará este xoves, 15 de marzo, un taller gratuíto sobre "Finanzas persoais para emprendedores" no viveiro de empresas de Costa Vella.

A Cámara de Santiago organiza un taller sobre as finanzas persoais dirixido a emprendedores
Patricia Doldán impartirá o taller.
Patricia Doldán impartirá o taller.

A formación, que terá lugar entre as 11:00 a 12:00 horas, está dirixida a autónomos e empresarios. Os participantes poderán consultar dúbidas sobre o seu futuro á hora da xubilación, todo o relacionado con baixas por enfermidade, asuntos relativos a débedas ou aforros e pago de impostos. Ademais, poderán descubrir como organizar as súas finanzas e aclarar se é necesario separar as finanzas persoais das empresariais.

O seminario estará impartido pola asesora financeira Patricia Doldán, certificada EFA pola Asociación Europea de Asesores Financeiros. Ofrece axuda e planifica a empresas e familias para conseguir que logren os seus obxectivos financeiros.

Comentarios
A Cámara de Santiago organiza un taller sobre as finanzas persoais dirixido a emprendedores