Buscar
18:30h. Lunes, 16 de Julio de 2018

DOUS CURSOS DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS E MANEXO DE CARRETILLAS ELEVADORAS

A Área Empresarial do Tambre imparte formación para desempregados

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AEPIT) iniciará nos vindeiros días dúas accións formativas para os participantes do Programa Integrado de Emprego “TAMBRE TRABALLA III”.

Edición anterior do curso de manexo de carretilla elevadora.
Edición anterior do curso de manexo de carretilla elevadora.

En concreto, as accións programadas habilitarán aos participantes para a manipulación de alimentos e o manexo de carretillas elevadoras, proporcionándolles as habilidades e requisitos necesarios para poder traballar en calquera almacén, empresa de loxística ou tendas de alimentación.

O curso de manexo de carretillas elevadoras celebrarase este venres e sábado e o vindeiro fin de semana no Centro Empresarial do Tambre e contará coa asistencia de 15 persoas. Na xornada dos venres, impartirase o contido teórico do curso, e os sábados, desenvolveranse as clases prácticas coas carretillas, ben na explanada exterior do centro empresarial –se a meteoroloxía o permite– ou nunha nave do polígono habilitada para a ocasión.O curso de manipulación de alimentos celebrarase o martes, día 10, de no centro empresarial e terá unha participación de entre 20 e 25 persoas.

Estas accións forman parte do Programa Integrado de Emprego “Tambre Traballa III”, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través dos programas da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral (Servizo de Programas Mixtos).

Á marxe das accións formativas e orientación laboral e asesoramento para unha busca efectiva de emprego e a prospección en empresas, dende o plan “Tambre Traballa III”, realízase unha prospección laboral diaria para coñecer insitu as necesidades que teñen as empresas e adecuarse ás súas demandas.

O plan comezou a executarse o pasado mes de decembro coa participación de 85 persoas do Concello de Santiago, inscritas como desempregadas no Servizo Galego de Colocación. Neste primeiro trimestre de 2018 xa se impartiron tres talleres de busca de emprego aos que asistiron 55 alumnos, un curso de operario/a de almacén no que participaron 14 alumnos, outro de xestión comercial e accións transversais en formación de inglés e prevención de riscos laborais.