Buscar
20:12h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

É A SEXTA COMUNIDADE QUE MÁIS RÁPIDO PAGA

A Xunta paga aos seus provedores 14 días antes que a media das comunidades autónomas

Galicia finalizou o terceiro trimestre do ano entre as comunidades autónomas que pagan máis rápido aos seus provedores, ao pechar setembro cun tempo medio de pago 14 días inferior á media autonómica, segundo mostran os datos oficiais publicados polo Ministerio de Facenda e Función Pública.

O período medio de pago de Galicia situouse en setembro en 12,98 días, mentres que a media autonómica foi de 27,16 días, é dicir, 14 días máis tarde que en Galicia. O informe elaborado polo ministerio mostra tamén que dúas comunidades autónomas incumpriron en setembro o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación.

Deste xeito, Galicia mantense un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. En concreto, Galicia é a sexta comunidade –a cuarta de réxime común- que paga máis rápido aos seus provedores.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en setembro situouse no 0,34%, por debaixo da media autonómica (0,48%). Ao mesmo tempo, Galicia conseguiu reducir este indicador un 47% no último ano, ata rebaixala aos 209,3 millóns de euros.