Imprimir

Tres candidaturas galegas aos Premios Nacionais de Artesanía

Redacción | 16 de octubre de 2020

Inés Rodríguez, propietaria do obradoiro RiR& Co Diseño Textil Artesano de Allariz.
Inés Rodríguez, propietaria do obradoiro RiR& Co Diseño Textil Artesano de Allariz.
Tres candidaturas galegas optarán aos Premios Nacionais de Artesanía que convoca o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo: o obradoiro téxtil RiR& Co, o taller de coiro de Santiago Besteiro e o proxecto "Artesanía no Prato" da Fundación Artesanía de Galicia.

O obradoiro de tecido artesanal de Inés Rodríguez (Allariz) e o obradoiro especializado no traballo do coiro Santiago Besteiro (Monterroso) competirán entre si na categoría Emprendemento,  mentres que a Fundación Artesanía de Galicia, dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación,  opta de novo ao Premio Promociona para Entidades Públicas polo "proxecto Artesanía no Prat"o, que busca crear sinerxías entre artesanía, deseño e gastronomía.

Os Premios Nacionais de Artesanía están convocados a través da Escola de Organización Industrial (EOI) e da súa cátedra de promoción da artesanía Fundesarte, a organización de referencia na promoción e no desenvolvemento  das empresas artesás españolas.Con eles búscase recoñecer aquelas empresas artesás que, conservando a súa esencia de oficio tradicional, destacan pola creatividade, responsabilidade social e medioambiental, adaptación ao mercado e capacidade de innovación. Ao mesmo tempo, prémiase ás institucións e empresas que contribuíran de xeito significativo a impulsar o traballo artesán.

Finalistas galegas

O obradoiro RiR& Co Diseño Textil Artesano, situado no casco histórico de Allariz, opta ao Premio ao Emprendemento. Neste espazo, a artesá Inés Rodríguez realiza deseños dirixidos a un público global unindo os coñecementos das técnicas téxtiles tradicionais coas tendencias actuais do mercado e traballa tanto con materiais naturais como con outros máis novidosos como é a fibra óptica. Este obradoiro realiza colaboracións con sectores que van desde a moda ata a gastronomía ou a arquitectura. Rir&Co comparte a súa experiencia a través de asesoramentos para outras empresas, investigación baseada en novos materiais e produtos de deseño. 

Na mesma categoría compite o artesán Santiago Besteiro, dedicado ao deseño, desenvolvemento e elaboración de pezas artesás de alta calidade en coiro, desde o seu obradoiro situado en Monterroso. Constituído como unha empresa unipersoal, crea unha estratexia de mercado para apostar por competir coa calidade, co deseño, coa innovación, co trato distinguido co cliente e coa concienciación medioambiental. Actualmente a empresa atópase inmersa nunha investigación para novos produtos que se adapten ás circunstancias, así como novas canles para explorar a internacionalización.

A Fundación Artesanía de Galicia volve quedar finalista do Premio Promociona para EntidadesPúblicas co seu proxecto "Artesanía no Prato", polo que xa resultara finalista na edición do ano pasado. A iniciativa púxose en marcha no ano 2013 e está dedicada a xerar unha interrelación entre Artesanía de Galicia e a cociña galega máis vangardista, de xeito que os chefs máis destacados se convertan en abandeirados e promotores da marca.

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/protagonistas/candidaturas-galegas-aos-premios-nacionais-artesania/20201016180824015360.html


© 2020 Economía en Galicia

Contacto: [email protected] - [email protected]  

Aviso legal