Combina a investigación en tecnoloxías dixitais coa industria 4.0

Viratec lidera un proxecto para a reciclaxe de residuos de construción e demolición

Viratec, o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular, desenvolverá o proxecto Smart2ReDuCe – Investigación en solucións 4.0 en economía circular para a industria de reciclaxe de residuos de construción e demolición (RCD) mediante visión artificial, fotónica avanzada e impresión 3D.

Viratec lidera un proxecto para a reciclaxe de residuos de construción e demolición
Reunión dos integrantes do proxecto Smart2ReDuCe, liderado por Viratec.
Reunión dos integrantes do proxecto Smart2ReDuCe, liderado por Viratec.

Esta iniciativa, que recibiu financiamento por parte do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a través da convocatoria 2023 do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI), é un proxecto de investigación industrial en tecnoloxías dixitais vinculado coa industria 4.0.

Smart2ReDuCe busca, mediante visión artificial, fotónica avanzada e impresión 3D, mellorar a separación en planta dos residuos de construción e demolición (RCD) para así acadar unha maior reciclaxe deste tipo de residuos.

Por outra banda, o proxecto, xurdido a raíz dunha xornada que puxo de relevo a problemática actual no sector, indaga tamén sobre solucións para fomentar a circularidade deste tipo de produtos, creando novos materiais coas mesmas características que os fabricados con materias primas virxes.

Un consorcio multidisciplinar

O consorcio do proxecto, integrado por un total de nove entidades, conta coa participación, ademais de Viratec, de Recinor, Gestán, CETIM, ITG, Inova, Himikode e Medrar, xunto co Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia.

Desta forma, mentres que Viratec se encarga da coordinación do proxecto, ITG lidera os traballos de visión artificial e fotónica avanzada, CETIM estase a ocupar da formulación de formigóns e impresión 3D; Inova e Himikode traballan conxuntamente na plataforma e algoritmia avanzada para pegada de carbono, e Medrar responsabilízase da optimización tecno-económica. As investigacións estanse realizando a partir da información obtida das plantas de reciclaxe de Recinor e de Gestán.

Os resultados do proxecto contribuirán a acelerar a transición cara a neutralidade climática, a eficiencia enerxética e a facer un uso sostible dos recursos.

Viratec lidera un proxecto para a reciclaxe de residuos de construción e demolición