Unha iniciativa de Gain para difundir a necesidade de innovar entre as pemes

Coñece por onde pasará o tráiler de Camiño da Innovación

AAxencia Galega de Innovación (Gain) pon en marcha a iniciativa Camiño da Innovación, un espazo itinerante que percorrerá desde o próximo venres e ata decembro 18 concellos das catro provincias galegas ofrecendo asesoramento experto individualizado, formación a medida e casos de éxito de pemes innovadoras.

Coñece por onde pasará o tráiler de Camiño da Innovación
Ruta da iniciativa Camiño da Innovación.
Ruta da iniciativa Camiño da Innovación.

O obxectivo de Camiño da Innovación é prestar asesoramento ás pemes galegas difundir entre elas a necesidade e a oportunidade de innovar, como factor clave para gañar competitividade e medrar.

Esta actuación, que se desenvolverá a bordo dun tráiler, contará con 18 etapas, a primeira delas o vindeiro venres 5 de novembro en Vilalba. Camiño da Innovación inscríbese no Programa de Impulso á Innovación nas Pemes posto en marcha pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, unha actuación específica dotada con 12 millóns de euros para axudar ás pemes e microempresas galegas a investir en innovación, con foco nas empresas con potencial para innovar pero que aínda non o fixeron, principalmente as situadas en núcleos non urbanos.

Cada etapa constitúe un punto de encontro onde se presentarán tres casos de pemes innovadoras da contorna, un total de 54 casos de éxito que están a competir en mercados internacionais e que son exemplo de que a innovación se pode pór en marcha en calquera sector e empresa. A participación no encontro require inscrición previa a través da web da Axencia Galega de Innovación (Gain).

Ademais, realizaranse máis de 200 asesoramentos a pemes onde se analizarán as oportunidades de innovación e como poñela en marcha coas ferramentas que lle funcionan a outras empresas. Para conseguilo, contarase con expertos capaces de ofrecer unha visión obxectiva sobre as capacidades de innovación de cada peme.Con estes asesoramentos, axudaraselle a cada empresa a elaborar unha folla de ruta que lle permita poñer en marcha plans de acción que se materialicen en resultados tanxibles. As empresas interesadas en solicitar asesoramento poden facelo a través da web da Axencia, no apartado Camiño da Innovación.

Tamén se porán a disposición do público materiais explicando as ferramentas e técnicas de innovación, que se irán incrementando con novos contidos durante 2022, e un curso en liña sobre aspectos básicos da innovación.

Ruta de Camiño da Innovación

O tráiler de Camiño da Innovación comeza a súa ruta este venres en Vilalba e pasará por Cervo, As Pontes de García Rodríguez, Bergondo, Ordes, Caldas de Reis, Santa Comba, A Estrada, Ponte Caldelas, Salvaterra de Miño, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Xinzo da Limia, A Veiga, Monforte, Chantada, Melide, Meira. A instalación estará aberta ao público en horario continuo de 9 a 18 horas.

Coñece por onde pasará o tráiler de Camiño da Innovación