Anota un 3% en novembro

O último Indicador Abanca-Foro de Conxuntura confirma a estabilización da economía galega

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica, que elabora o Foro Económico de Galicia, experimentou un crecemento interanual do 3% no mes de novembro, a mesma taxa que no mes de outubro.

O último Indicador Abanca-Foro de Conxuntura confirma a estabilización da economía galega
O sector do automóbil mellorou os seus datos Foto: V.CAMESELLE.
En termos interanuais, o mellor comportamento anótase na producción de vehículos turismo. Foto: V.CAMESELLE.

A falta só da información do último mes do ano, cun valor medio de crecemento dende xullo dun 2,9%, as previsións para o segundo semestre albíscanse globalmente positivas, tendo en conta que as previsións iniciais para este ano, tanto para a economía española como a galega, eran substancialmente peores.

Os factores que xogan a favor con especial intensidade son o moi positivo comportamento do turismo e a recuperación do sector do automóbil.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador, hai que destacar primeiramente que sete das quince variables recollidas amosan un crecemento positivo, salientando a excepcional evolución da produción de vehículos turismo, cun incremento interanual superior ao 20%. 

En sentido contrario, como xa acontecera o mes anterior, salienta a evolución das importacións cun descenso no mes de outubro próximo ao 25%, evidenciando as dificultades que está a atravesar o sector exterior galego.

Este Indicador está elaborado pola equipa de conxuntura económica do Foro Económico de Galicia a partir da análise de 15 variables económicas que inclúen cifras de emprego, facturación empresarial, comercio internacional, actividade industrial e do sector servizos.


 

O último Indicador Abanca-Foro de Conxuntura confirma a estabilización da economía galega