Crece un +1,5% en febreiro

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica recupera a senda alcista

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia rexistrou no mes de febreiro un incremento interanual do +1,5%: valor que supón un aumento de tres décimas con respecto ao mes de xaneiro.
O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica recupera a senda alcista
Las empresas de Galicia exportaron en el mes de septiembre bienes por valor de 2.495 millones de euros.
Destaca a contribución do transporte marítimo de mercadorías ao dato de febreiro do Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia.

Con este repunte, o indicador que elabora mensualmente o Foro Económico de Galicia recupera a senda alcista que rematara no verán de 2022 cunha cota máxima de 3,2% no mes de agosto. 

Cos datos de febreiro confírmase o cambio de tendencia albiscado no mes de xaneiro. Como xa acontecera o mes anterior, o dato do segundo mes do ano proporciona unha boa idea sobre cal será comportamento do primeiro trimestre ano. Así, malia o incremento experimentado convén conter o optimismo xa que persisten as incertezas que afectan á confianza dos consumidores, á evolución do sector industrial e as perturbacións dos mercados financeiros.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador, son dúas as variables que sobresaen sobre o resto. En primeiro lugar, cómpre salientar o comportamento da matriculación de vehículos turismo que reflicte un incremento interanual superior ao 30%. Asemade, destaca o transporte marítimo de mercadorías cun aumento superior ao 20%. Logo de moitos meses, as variables turísticas non son as que máis se incrementan ao desaparecer o efecto postpandémico.

En sentido contrario, son tres as variables con peor comportamento. As variables referentes ao comercio exterior (exportacións e importacións) engádense ao consumo de gasolina e gasóleo – xa sinalada no mes de xaneiro- cun descenso significativo. As tres sofren diminucións interanuais que rondan o 20% no mes de febreiro.

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica recupera a senda alcista