Este mércores na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

O sector conserveiro centra o próximo coloquio de economía aplicada da USC

Os II Coloquios de Economía Aplicada volven este mércores 14 á Universidade de Santiago cunha sesión centrada no sector conserveiro, estratéxico para Galicia.

O sector conserveiro centra o próximo coloquio de economía aplicada da USC
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariales da USC.
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariales da USC.

A cita será ás 16.30 horas na aula B da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela

No debate, o catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC, Xoán Carmona Badía, e a directora xeral de Conservas Friscos S.A, Rosa María Nieto Pombar, abordarán cunha visión ampla, integradora e resolutivaa realidade e as perspectivas do sector das conservas do peixe en Galicia á vez que incidirán no papel da muller

Comentarios
O sector conserveiro centra o próximo coloquio de economía aplicada da USC