Este mércores 21 de febreiro no Parque Tecnolóxico de Galicia

As empresas participantes en Galicia Avanza amosarán os seus resultados este mércores

As trinta empresas innovadoras galegas participantes na segunda edición do programa de aceleración para a internalización "Galicia Avanza", impulsada pola Consellería de Economía, Industria e Innovación e Tecnópole, presentarán os seus resultados nun evento este mércores 21 de febreiro.

As empresas participantes en Galicia Avanza amosarán os seus resultados este mércores
galicia_avanza (1) (1)
Vista da primeira edición do programa de aceleración “Galicia Avanza”.

O evento, que se celebrará no Parque Tecnolóxico de Galicia, contará coa presencia de Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (Gain); Covadonga Toca, directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape); e Marisol Nóvoa, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense.

No transcurso do acto, destinado a promover a internacionalización da innovación en Galicia, daranse cita empresas de todos os sectores, con presenza en mercados exteriores ou con potencial de exportar as súas innovacións. Ao longo da xornada poderán compartir experiencias e realizar reunións bilateriais entre empresas.

O director xerente de Tecnópole, Javier Taibo, presentará por unha banda, os resultados desta segunda convocatoria, na que ao longo de dez meses, trinta pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica participaron no programa, e por outra, informará sobre as particularidades da terceira convocatoria, que xa está en marcha.

Unha folla de ruta personalizada para cada empresa

Durante os dez meses de duración do programa, e a través dun equipo de expertos en internacionalización, traballouse na saída ao mercado exterior das empresas e tamén na consolidación internacional das que xa tiñan experiencia neste eido, abríndolles novos mercados ou accedendo a novos segmentos de clientes.

Por outra banda, as empresas participantes tamén recibiron axuda para mellorar a súa estratexia comercial internacional e reforzar aspectos como a mellora da innovación, as estratexias de márketing, creación de marcas e certificacións, ou a adaptación de produtos e servizos ao mercado exterior, entre outros.

Empresas galegas de éxito internacional

O evento, que inclúe a visita ao showroom das 30 pemes participantes nesta edición, tamén contará con empresas de referencia que relatarán a súa experiencia no eido da internacionalización.

Neste sentido, Rocío Cid, xerente de Cuevas Marron Glacé - Cuevas & Cía, empresa do Grupo Cuevas dedicada á transformación da castaña, e Gabriel Gómez Celaya, director xeral de Marine Instruments, compañía líder no desenvolvemento e fabricación de tecnoloxía adaptada ao medio mariño, narrarán as súas experiencias.

Por outra banda, o experto Marcelo Castelo, autor do modelo xeral das tres dimensións da comunicación humana -TLB-, abordará o valor da comunicación como vantaxe estratéxica das empresas e dos seus líderes.

As empresas participantes en Galicia Avanza amosarán os seus resultados este mércores