Os orzamentos para 2023 rondarán os tres millóns de euros

A Fundación Semana Verde de Galicia remata 2022 con cifras récord en varias feiras e incremento de facturación na central agropecuaria

Cifras récord en varias feiras e un grande incremento na facturación da central agropecuaria conforman o balance da Fundación Semana Verde de Galicia neste 2022, segundo se puxo de manifesto este martes na reunión do seu Padroado.
A Fundación Semana Verde de Galicia remata 2022 con cifras récord en varias feiras e incremento de facturación na central agropecuaria
Xuntanza do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia.
Xuntanza do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia.

Presidida pola secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Elena Muñoz, en calidade de vicepresidenta do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, a xuntanza serviu para facer o balance provisional deste ano e presentar os orzamentos para 2023.

A previsión é que neste exercicio as contas queden practicamente equilibradas, tras a celebración de 21 eventos (sete procesos selectivos e 14 ferias e certames) cos que se foi recuperando a normalidade despois da pandemia. Unha das novidades deste 2022 no calendario do recinto feiral de Silleda foi o novo certame de seguridade, defensa e emerxencias Sedexpo, que tivo moi boa acollida, e rexistráronse varias feiras con cifras récord.

Así, os salóns de alimentación e turismo da Feira Internacional Abanca Semana Verde acadaron os seus mellores resultados en expositores e superficie. Pola súa banda, a sexta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca converteuse na maior celebrada ata o momento en todos os seus parámetros, cun 26% máis de expositores, unha superficie un 16% maior e un 27% máis de visitantes,  ademais de ser a máis internacional tanto na exposición como na procedencia dos visitantes.

Central agropecuaria

Neste exercicio destacan tamén as cifras da Central agropecuaria de Galicia Abanca, que, a falta de dúas sesións para pechar o ano, acadou xa unha facturación de case 32,4 millóns de euros, un 52,31% máis que na mesma semana de 2021 e un 76,8% máis que na de 2019.

A maiores, na reunión analizouse o orzamento previsto para 2023 da Fundación, o cal  será de novo de case tres millóns de euros, co obxectivo de manter a liña positiva lograda en 2022 tras o parón da pandemia e tendo en conta a incerteza económica que se prevé para os vindeiros meses. 

A Fundación Semana Verde de Galicia remata 2022 con cifras récord en varias feiras e incremento de facturación na central agropecuaria