Presentación de candidaturas ata o 20 de xaneiro

Convocada a segunda edición dos Premios TIC Galicia

O Clúster TIC, en colaboración con Laconnetwork, convoca a segunda edición dos Premios TIC Galicia para visibilizar o esforzo das organizacións, institucións e empresas vinculadas ao sector TIC radicadas na Comunidade.

Convocada a segunda edición dos Premios TIC Galicia

Os Premios TIC Galicia recoñecen a labor levada a cabo durante o ano 2018 daquelas empresas e emprendedores que deseñan, desenvolven e implantan procesos ou servizos galegos focalizados na innovación e no uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

Os participantes poderán presentar a súa candidatura en nove categorías distintas, das cales cada unha recoñece un risco específico dos proxectos do dixitais. Así, “Mellor Startup” está dedicado a aquelas empresas galegas con menos de dous anos de traxectoria; “Mellor Desenvolvemento de Software Libre” pon o foco naquelas compañías que desenvolveran a mellor solución de programación baixo esta licenza; “Mellor Campaña de Marketing Dixital” recoñece aquelas accións de marketing dixital que foran lideradas por empresas de medios dixitais galegas; “Mellor Empresa Tractora” está pensado para aquelas compañías que apostan e confían nas startups galegas contratando os seus produtos e servizos; “Mellor Iniciativa TIC” busca a aquelas asociacións, institucións e organizacións que axudan na creación, lanzamento e asentamento de empresas e emprendedores; “Mellor Innovación (I+D+i)” galardoará a aqueles organismos, fundacións e asociacións que realizasen as mellores inversións en innovación en 2018; por último “Mellor Internacionalización” premiará a aquelas empresas galegas que presenten o mellor plan de internacionalización en 2018.

Dentro das nove categorías premiadas, tamén se inclúen dúas mencións de honra para visibilizar a aquelas persoas e empresas que presentan unha especial implicación co sector TIC galego. Estas son o “Premio Lacón Evanxelizador”, que se outorgará ás persoas que se implican de forma específica e constante na difusión do sector TIC autonómico e que organizaron de forma exitosa algún dos encontros mensuais Laconnetwork; e o “Premio Traxectoria”, que recoñece ás persoas que, de forma recurrente e constante se implican nas TICs galegas.

Preselección e votación online

Os interesados en presentar as súas candidaturas poden facelo na web https://www.laconnetwork.com/candidaturas/ ata o 20 de xaneiro de 2019. As propostas presentadas serán evaluadas por un comité de especialistas do sector que terá voz e voto para seleccionar aos finalistas. Posteriormente abrirase unha fase de votación popular online para as  categorías “Mellor Startup”, “Mellor Desenvolvemento de Software Libre”, “Mellor Campaña de Marketing Dixital”, “Mellor Innovación (I+D+i)” e “Mención especial – Premio Lacon Evanxelizador”; votación que terá un peso do 50% sobre o resultado final (o outro 50% será a valoración do comité de especialistas). As categorías “Mellor Iniciativa TIC”, “Mellor Empresa Tractora”, “Mellor Internacionalización” e a “Mención Especial – Premio Traxectoria” outorgaranse directamente polo comité de especialistas.

A gala de entrega dos premios TIC Galicia terá lugar no evento anual Laconnetwork 2019.

Comentarios
Convocada a segunda edición dos Premios TIC Galicia