Celebración da festividade de San Vicente Ferrer

CLUN recibe o Premio Fulget 2017 da Facultade de Ciencias Económicas da USC

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago celebrou a festividade de San Vicente Ferrer, patrón dos seus estudos, cun evento no que se desvelaron os gañadores de distintos premios académicos, artísticos e honoríficos.

CLUN recibe o Premio Fulget 2017 da Facultade de Ciencias Económicas da USC
O director comercial de CLUN, Ramón Mandiá, recolleu o Premio Fulget.
O director comercial de CLUN, Ramón Mandiá, recolleu o Premio Fulget.

A xornada comezou coas palabras da decana do centro, Emilia Vázquez Rozas, e do vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, e pechouse cun relatorio da profesora María del Carmen Guisán Seijas sobre ‘Retos da economía europea e perspectivas de emprego en Galicia’.

Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) recibiu o Premio Fulget 2017, que recoñece a empresas ou colectivos empresariais galegos que destacan polo seu traballo a prol das mellores relacións entre a actividade económica e a súa contorna profesional. Recolleu o premio o director comercial de CLUN, Ramón Mandiá.Asemade entregáronse os premios académicos extraordinarios de Grao, Master e Doutoramento; o premio á calidade lingüística; e máis o premio Mª Carmen Guisán Seijas á Introdución da Perspectiva de Xénero nos Traballos de Fin de Grao.

Así, os premios extraordinarios de grao 2016-2017 recaeron en Fernado Riveiro Formoso e Alba Sóñora Noya (Economía) e Adrián Vázquez Parcero e Elena Pablos Buitrón (ADE). Os de Máster 2016-2017 foron para Hugo Campos Romero (Desenvolvemento Económico e Innovación), Gemma Cores Alfonso (Dirección de Empresas), Kathryn Louise Salisbury (Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas), e Maite Carballal Claro (Dirección e Xestión Contable e Financeira).

Ademais, os galardóns extraordinarios de Doutoramento 2014-2015 recolléronos María Alló Pazos por "Social norms, economic incentives andenvironmental policies", dirixida pola profesora María Luz Loureiro García; Jesús Barreal Penas, por "Wildfires in Galicia: causality, forest policy and risk in forest management". dirixida pola profesora María Luz Loureiro García, e Rubén Lado Sestayo, por "Impacto económico-financiero de la localización en el sector hotelero español", dirixida pola profesora Isabel Neira Gómez e polo profesor Luis Alberto Otero González.

En canto ao Premio á Calidade Lingüística dos TF, PFC e TFM da USC do curso 2016-2017 recaeu en Fernando Riveiro Formoso, polo TFG titulado "A importancia da intermediación financeira para o crecemento económico. Teoría e evidencia empírica internacional". Mentres que o Premio María-Carmen Guisán Seijas á Introdución da Perspectiva de Xénero nos TFG recolleuno Tania Fernández Navia, polo TFG titulado "Factores determinantes del empleo femenino en España: un modelo econométrico regional".

Este curso 2017-18 é senlleiro para a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago pois celébranse os 50 anos da súa posta en marcha, ao igual que para os estudos universitarios de Economía en Galicia, e ao longo do mesmo estanse a celebrar numerosas actividades conmemorativas.

CLUN recibe o Premio Fulget 2017 da Facultade de Ciencias Económicas da USC