O 18 de setembro, de carácter online

A Cámara de Santiago participará nunha xornada de internacionalización do Pont-Up Store

A Cámara de Comercio de Santiago colabora coa xornada de internacionalización que terá lugar o vindeiro venres 18 de setembro no marco da programación da sétima edición do Pont-Up Store en Pontevedra.
A Cámara de Santiago participará nunha xornada de internacionalización do Pont-Up Store

A xornada sobre internacionalización está organizada polas entidades Ticket2Europe e Espazo Arroelo, e desenvolverase o venres 18 de 18 a 20 horas na plataforma dixital Zoom.

Con esta participación, a Cámara de Santaigo busca promover o encontro empresarial entre entidades de Galicia e Norte de Portugal, así como poñer en valor o traballo de cooperación transfronteirizo realizado no proxecto LIDERA e noutros proxectos europeos de Galicia e Portugal nos que colaboran as distintas entidades e empresas participantes na sesión.

Debido ás circunstancias actuais de restricións en Pontevedra para actividades presenciais debido a COVID-19, todo o evento será en formato dixital e gratuíto, previa inscrición.

Esta actividade enmárcase dentro da programación da Cámara de Comercio compostelana no proxecto LIDERA, proxecto de coperación transfronteiriza cofinanciado polo Programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). Este proxecto ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través da posta en valor das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. 

Comentarios
A Cámara de Santiago participará nunha xornada de internacionalización do Pont-Up Store