O 26 de novembro

A AEF dedica unha xornada a fomentar o emprendemento e as novas tecnoloxías

O fomento da cultura emprendedora e a aplicación de novas tecnoloxías é a temática da xornada que organiza a Asociación de Empresarios Ferrolterra o próximo 26 de novembro.
A AEF dedica unha xornada a fomentar o emprendemento e as novas tecnoloxías
Xornada de formento do emprendemento organizada pola Asociación de Empresarios Ferrolterra.
Xornada de formento do emprendemento organizada pola Asociación de Empresarios Ferrolterra.

A xornada que se desenvolverá o día 26 de novembro, de modo presencial e online, contará con relatores de referencia. Na primeira parte Dani Cerqueiro, estratega de márketing dixital e responsable de márketing en Docuten, analizará a venta de produtos e servicios na rede, a venta de empresa a empresa (B2B), e dará a coñecer as ferramentas e metodoloxías que utilizan as principais empresas que venden a través de rede, de forma que os participantes poidan coñecer como organizar a súa estratexia de venta na rede.

Na segunda parte da xornada tres emprendedores do ámbito da comunicación relatarán a súa experiencia na creación de contidos dixitais e explicarán como monetizar contidos na rede e como aproveitalos para vender os produtos e servicios. Será Ubaldo Cerqueiro, creador dunha publicación dixital de índole hiperlocal “Quepasanacosta” con máis de 13 anos, que contará a súa experiencia dende a perspectiva empresarial, dificultades e claves para sacar adiante un proxecto de comunicación. Completarase esta segunda parte coa intervención de David Lourido e Ana Díaz, que explicarán a importancia de crear contidos novos e orixinais ou como alimentar as redes sociais require dun esforzo e investimento importante por parte da empresa.

Serán o presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra , Ángel Torreiro Freire e a concelleira de Promoción Económica de Ferrol, Mayte Deus, os encargados da apertura da xornada. 

O evento conta coa colaboración do Concello de Ferrol, no marco do programa “Ferrol Cidade Viva". Para asistir presencialmente ou participar online neste encontro, é necesario inscribirse, posto que o aforo é limitado, no teléfono 981 333 305 ou ben enviando un email a [email protected].

Comentarios
A AEF dedica unha xornada a fomentar o emprendemento e as novas tecnoloxías