Entre o 4 e o 6 de xuño en Expourense

16 concesionarios participarán no 3º Car Outlet Ourense

Expourense regresa á actividade feiral presencial coa celebración da terceira edición do Car Outlet Ourense no que 16 concesionarios oficiais presentarán as súas ofertas no mercado de vehículos de ocasión e segunda man.
16 concesionarios participarán no 3º Car Outlet Ourense
Presentación do 3º Car Outlet, que se celebra entre o 4 e o 6 de xuño en Expourense.
Presentación do 3º Car Outlet, que se celebra entre o 4 e o 6 de xuño en Expourense.
Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, que conta coa colaboración de Abanca, e que se celebra no recinto feiral ourensán fin de semana do 4 ao 6 de xuño. Para garantir a celebración dun evento seguro, o salón contará cun sistema de control de aforo e con todas as medidas de seguridade.

A terceira edición do Car Outlet Ourense foi presentada polo presidente de ACAUTO, Ramón Seijas; o director de Zona de ABANCA Ourense Centro, Enrique Romero; e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

Un total de 22 marcas estarán representadas a través dos 16 concesionarios acollidos a ACAUTO que participarán como expositores e que representan o 95% das marcas que operan no mercado español. Trátase dunha cita vencellada a un dos sectores comerciais de maior peso na nosa contorna, o da automoción, no que se reunirán máis de 350 coches con ofertas moi especiais. O obxectivo desta cita é cubrir todas as gamas e modelos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos clientes ao mellor prezo. O público poderá consultar nun mesmo espazo distintas opcións de coches de oportunidade no mercado ourensán, e comparar in situ antes de decidir a compra.

A oferta presentada neste salón será ampla puidendo atoparse kilómetro cero, seminovos, de xerencia e segunda man, de entre 1 e 6 anos. Os datos indican que en Galicia por cada coche novo véndense dous de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares. Isto provoca que haxa cada vez maior demanda e menor oferta, polo que acudir a este salón se converte nunha boa oportunidade para os que anden a busca dun vehículo deste tipo.

Dende ACAUTO indican que atravesamos un moi bo momento para adquirir un vehículo de ocasión ou segunda man provocado pola caída de vendas e matriculacións de vehículos novos, pola apertura dos peches perimetrais e polo aumento do uso de vehículos particulares provocado pola COVID-19 (descenso do “coche compartido”). A estas circunstancias hai que engadirlle as axudas do Plan Moves á hora de mercar un coche. Por outro lado, este salón é unha boa oportunidade para rexuvenecer o parque automobilístico galego (o cuarto máis antigo de España) que ten agora unha idade media de 13.7 anos. Un parque envellecido xa de por si e que se viu agravado pola pandemia.

O 3º Car Outlet abrirá o venres 4 de xuño de 11 a 20;30 h., sábado 5 de 10 a 20:30 h. e o domingo 6 de xuño de 11 a 20 horas.

16 concesionarios participarán no 3º Car Outlet Ourense