Nova convocatoria para impulsar a competitividade das pemes

A Xunta convoca os programas de axudas InnovaPeme e DeseñaPeme

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participaron este xoves en Ribadeo nunha xornada informativa dos programas de axudas InnovaPeme e DeseñaPeme.
A Xunta convoca os programas de axudas InnovaPeme e DeseñaPeme
Xornada informativa dos programas de axudas InnovaPeme e DeseñaPeme.
Xornada informativa dos programas de axudas InnovaPeme e DeseñaPeme.

A convocatoria deste programa de axudas, que ten un orzamento de 4,5 millóns de euros, estará aberta dende esta mañá ata o vindeiro 14 de agosto. Con ela, a Xunta pretende impulsar a competitividade das pequenas e medianas empresas galegas a través da innovación.

Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) sinalou que a través destas dúas liñas “pretendemos estender a cultura da innovación, entendida dun xeito sistemático e continuo, ás pemes galegas, así como aumentar o número de empresas innovadoras en Galicia, incrementar a súa competitividade, favorecer a comercialización dos resultados da I+D+i e fomentar a súa colaboración con outros axentes do ecosistema”.

Nesta edición, os programas abranguen dous tipos de plans: plans de deseño que inciden no deseño de produto, de servizos e experiencias ou de marca e identidade corporativa e plans de innovación centrados en actividades, procesos ou en organización.

O obxectivo é apoiar 60 plans cunha intensidade da axuda do 50%. Entre as novidades inclúense como beneficiarias as entidades do terceiro sector social sen ánimo de lucro así como as empresas TIC, fináncianse os custos indirectos e incorpórase como requisito realizar actividades de difusión para chegar mellor á sociedade e servir de exemplo para outras compañías.

O orzamento subvencionable deberá estar entre os 50.000 e os 150.000 euros por cada plan, de xeito que unha mesma peme que se presente ás dúas convocatorias poderá investir ata 300.000 euros. As axudas outorgaranse mediante o procedemento de concorrencia competitiva.

Na sesión informativa, organizada en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), tamén se celebrou unha mesa redonda na que tres empresas da provincia beneficiarias destas liñas de apoio contaron a súa experiencia. En concreto, participaron representantes de Granxa Campomayor, Pescados Rubén e Nigal.

A Xunta convoca os programas de axudas InnovaPeme e DeseñaPeme