Plan de Comercio Minorista

A Cámara ofrece diagnósticos de innovación individualizados aos comerciantes composteláns

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela abre a convocatoria de selección de pemes e autónomos para o desenvolvemento de diagnósticos de innovación comercial.

A Cámara ofrece diagnósticos de innovación individualizados aos comerciantes composteláns

Esta acción está incluída no Plan de Comercio Minorista posto en marcha pola Cámara de España e a Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).

O programa está destinado a mellorar a competitividade dos comercios da demarcación cameral de Santiago a través de diagnósticos individualizados e informes de recomendacións de mellora para que os locais comerciais poidan asumir as metodoloxías e solucións e incrementar a súa situación competitiva. O orzamento total para a realización dos diagnósticos é de 34.502 euros.

As solicitudes poden presentarse na sede da Cámara de Santiago ou por correo certificado entre o 29 de setembro e o 31 de outubro.

Comentarios
A Cámara ofrece diagnósticos de innovación individualizados aos comerciantes composteláns