Participaron 42 iniciativas emprendedoras e 22 empresas

O Centro Empresarial do Tambre acolleu unha sesión de networking do proxecto Spin_Up

A Asociación Área Empresarial do Tambre acolleu este mércores no seu centro empresarial unha xornada de networking transfronteirizo entre o tecido produtivo e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento, organizada pola incubadora de empresas Uninova, dentro das accións do proxecto europeo Spin_Up.
O Centro Empresarial do Tambre acolleu unha sesión de networking do proxecto Spin_Up
Xornada networking do proxecto Spin Up no Centro Empresarial do Tambre , en Santiago.
Xornada networking do proxecto Spin Up no Centro Empresarial do Tambre , en Santiago.

O obxecto desta iniciativa, de modalidade mixta (presencial e virtual) é estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía e o coñecemento. As 42 iniciativas emprendedoras de diversas áreas produtivas (como agro-bio, industria alimentaria; industria creativa, TIC, turismo; industria da transformación 4.0; e saúde-envellecemento activo) tiveron a oportunidade de manter encontros virtuais de networking individuais coas 22 empresas inscritas para valorar as posibilidades de negocio conxuntas. Os socios portugueses do proxecto conectáronse tamén telematicamente para seguir a xornada.

A Asociación Área Empresarial do Tambre participa no Spin_Up, proxecto europeo que persegue o crecemento integrador a través dunha cooperación transfronteiriza a favor da competitividade empresarial, buscando a promoción do espírito empresarial, facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a creación de novas empresas (spinoffs universitarias e startups innovadoras) a través da transferencia de tecnoloxía e coñecemento neste espazo de cooperación entre universidade e empresa en Galicia e Norte de Portugal.

Os socios do proxecto son Uninova – incubadora para a creación de empresas de base tecnolóxica resultantes de proxectos de I+D da Universidade de Santiago de Compostela–, Asociación Área Empresarial do Tambre, Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Cámara de Comercio de Santiago,Universidade do Porto, e a Asociación Nacional de Jóvenes Empresarios (ANJE).

Comentarios
O Centro Empresarial do Tambre acolleu unha sesión de networking do proxecto Spin_Up