PRESENTÁRONSE OS PROGRAMAS EMEGA 2020 E PAEM

A Cámara de Santiago difunde nunha xornada os apoios ao emprendemento feminino

A Cámara de Comercio de Santiago organizou este mércores unha xornada informativa sobre axudas ao emprendemento feminino na que se falou do autoemprego feminino e do apoio empresarial ás mulleres.

A Cámara de Santiago difunde nunha xornada os apoios ao emprendemento feminino
Aurora Patiño e Natalia Prieto, durante a xornada organizada pola Cámara de Santiago.
Aurora Patiño e Natalia Prieto, durante a xornada organizada pola Cámara de Santiago.

A secretaria xeral de Igualdade por delegación, Natalia Prieto, e a subdirectora xeral de Promoción da Igualdade, Aurora Patiño, profundizaron nas súas intervencións no Programa EMEGA 2020 para o fomento do emprendemento feminino. O seu obxectivo é apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto co impulso a outras medidas para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e servizos de asesoramento cos que facilitar a implantación e a consolidación de proxectos liderados por mulleres.

O programa consolídase como unha medida para promocionar a participación das mulleres no mercado de traballo e aproveitar o seu potencial para crea oportunidades de negocio. A finalidade última é que aquelas mulleres que teñan unha idea poidan materializala e contribúan, ao mesmo tempo, a xerar riqueza e novos postos de traballo. Este programa conta con catro liñas de actuación: Emprende, Innova, Activia, e Concilia.

Por outra banda, Rosa Mary Cardeso, secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, falou do Programa de apoio ao emprendemento feminino (PAEM). Un programa que ten como obxectivo básico sensibilizar ás mulleres e ao seu entorno n autoemprego e na actividade empresarial, actuando como instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas lideradas por mulleres.

As accións a desenvolver no programa plantéxanse a través da creación dunha rede de gabinetes presenciais de sensibilización, información, asesoramento e orientación ás mulleres emprendedoras e empresarias. Este tipo de programas, conta cun servizo de asesoramento online través da páxina web que en menos de 48 horas responde ás consultas das emprendedoras e empresarias achegandoas ás novas tecnoloxías.

Comentarios
A Cámara de Santiago difunde nunha xornada os apoios ao emprendemento feminino