Inicíase en Santiago o 3 de outubro

O programa de competencias profesionais Emprega-T chegará este curso ao Campus de Lugo

Durante os meses de outubro e novembro a Universidade de Santiago converterase nun espazo de aprendizaxe para a mellora da empregabilidade e o desenvolvemento do potencial emprendedor.

O programa de competencias profesionais Emprega-T chegará este curso ao Campus de Lugo

.Á xa tradicional edición en Santiago, este ano o programa Emprega-T desenvólvese tamén no campus de Lugo. 

O martes 3  terá lugar en Santiago a sesión de apertura, na que se presentará a programación e se desenvolverá xa un primeiro seminario sobre recursos de información para a busca de emprego e programas de prácticas para a iniciación profesional. E se para este non é preciso inscribirse previamente, si o é para o resto de actividades, un trámite que se abrirá en breve para o alumnado. Este seminario volverá realizarse o 6 de novembro en ADE de Lugo.

A esa sesión de apertura, o martes ás 9.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, asistirán a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; o secretario do Consello Social da USC, Benigno Carril, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; e a decana da Facultade, Emilia Vázquez.

Formación completa

As actividades de Emprega-T pretenden ofrecer unha formación complementaria aos estudantes nas denominadas competencias brandas, habilidades persoais, sociais e directivas, co fin último de mellorar as súas competencias profesionais de cara a afrontar o seu futuro laboral.

Ás acción dirixidas á formación a través de numerosos seminarios e obradoiros e ao adestramento co exitoso laboratorio de emprego Talent’s Loop súmase agora o novo bloque ‘Relacióna-T: Universidade na rúa’, con eventos fóra das aulas para seguir aprendendo nun ambiente máis relaxado e animado.

O programa de competencias profesionais Emprega-T chegará este curso ao Campus de Lugo