A XUNTA DE GOBERNO APROBA O EXPEDIENTE PARA CONTRATAR O SERVIZO DE FORMACIÓN

A Deputación de Pontevedra contratará 10 novas actividades formativas do DepoIntegra Xoven

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación do servizo de formación en terceira convocatoria do proxecto DepoIntegra Xoven, cun orzamento de 97.590 euros.

A Deputación de Pontevedra contratará 10 novas actividades formativas do DepoIntegra Xoven
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra.
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra.

Deste xeito, a Deputación de Pontevedra vai contratar o servizo para a realización de novas actividades formativas dentro do programa DepoIntegra Xoven, que consisten en itinerarios integrados para mellorar a formación e a empregabilidade das persoas mozas participantes.

Máis polo miúdo, as comarcas de Vigo, Pontevedra e O Salnés acollerán 10 novas edicións de itinerarios formativos nas que poderán participar un total de 150 mozas e mozos. En concreto na comarca de Vigo levaranse a cabo os itinerarios formativos de “Caixeira ou caixeiro de comercio” (2 edicións),“Peixaría”,“Primeiros auxilios” e “Acompañante de transporte escolar” (2 edicións). No caso da comarca de Pontevedra terán lugar o de “Caixeira ou caixeiro de comercio” (2 edicións) e o de “Carnicería/chacinería”. Por último, a comarca do Salnés acollerá tamén o itinerario de “Carnicería/chacinería”.

Estes novos itinerarios, ao igual que todos os de DepoIntegra Xoven, inclúen contidos de formación específica, prácticas profesionais non laborais, formación presencial complementaria en inglés e ofimática, formación complementaria en liña en igualdade, busca de emprego ou emprendemento, e titorías e orientación de actividades.

DepoIntegra Xoven

DepointegraXoven, que conta cun orzamento de máis de 2,5 millóns de euros e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, ten por obxectivos integrar de xeito sustentable no mercado de traballo a persoas de entre 16 e 30 anos da provincia que non participa nos sistemas de educación nin de formación, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.  Inclúe a realización de actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados que están dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade para a mellora da formación e a empregabilidade das persoas novas. Estas accións formativas compleméntanse con accións transversais relacionadas cos idiomas, coa práctica profesional, as novas tecnoloxías e a igualdade de oportunidades. 

Comentarios
A Deputación de Pontevedra contratará 10 novas actividades formativas do DepoIntegra Xoven