Curso gratuíto a partir do 6 de outubro

Os artesáns galegos poderán formarse en estratexia empresarial

A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, organiza un curso gratuíto online de formación para mellorar as competencias dos artesáns galegos no eido da estratexia empresarial e os novos modelos de xestión.
Os artesáns galegos poderán formarse en estratexia empresarial
O curso pretende mellorar as competencias dos artesáns galegos no eido da estratexia empresarial e os novos modelos de xestión.
O curso pretende mellorar as competencias dos artesáns galegos no eido da estratexia empresarial e os novos modelos de xestión.

A chamada “nova artesanía” sitúase no centro dunha economía sostible e centrada nas persoas,que se apoia nuns valores empresariais e culturais innovadores e diferentes, o que fai preciso que os artesáns dispoñan de novos modelos de xestión empresarial. O curso centrarase na estratexia empresarial como mapa sobre o que trazar a propia senda de crecemento; o márketing como apoio flexible a toda a actividade do obradoiro e o control de diversos indicadores como guía para asegurarse unha xestión eficiente.

Este curso impartirase de xeito gratuíto os días 6, 13, 20 e 27 de outubro. Cada sesión terá unha duración de 90 minutos que incluirá ademais da exposición dos docentes un foro de discusión para o grupo e sesións individuais de consultoría. O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de setembro.

A formación correrá a cargo das docentes Xènia Viladàs e Marta Ruiz de León. Xenia Viladàs é economista e MBA pola universidade de Westminster no Reino Unido, experta en deseño de servizos, deseño de negocios, deseño estratéxico e estratexia corporativa. Como tal, ten traballado en políticas públicas de deseño desde BCD (Barcelona Centro de Diseño) e desde o Ministerio de Industria; ten colaborado con organizacións sectoriais do téxtil, da madeira e o moble, da cerámica, e da artesanía e ten asesorado a empresas como Sargadelos, Finsa, Área Espacios Efímeros,Marcelo and partners, entre outros. No eido académico, colabora con diversas universidades en España e no extranxeiro e foi profesora e directora do departamento de Deseño de Servizos no Savannah College of Art and Design.

Pola súa banda, Marta Ruiz de León é economista e posgrao en dirección de empresas por IESE, experta en dirección de empresas. Foi socia e CEO da firma Mariano, socia e responsable de alianzas estratéxicas para a unidade de negocio inmobiliario de Boj Inmobiliaria, e responsable da dirección financeira do grupo. No ámbito docente é profesora especialista de posgrao na Escola Superior de Deseño de Madrid.

Comentarios
Os artesáns galegos poderán formarse en estratexia empresarial