A media das comunidades autónomas é de 25,4 días

A Xunta baixou en xaneiro o tempo medio de pago a provedores ata situalo en 20,6 días

A Xunta de Galicia comezou o ano atendendo con axilidade aos seus provedores e cun período medio de pago mellor que a media, segundo ratifican os datos publicados polo Ministerio de Hacienda sobre o mes de xaneiro.

A Xunta baixou en xaneiro o tempo medio de pago a provedores ata situalo en 20,6 días

Así, Galicia reduciu un 20,7% o tempo medio de pago ata situalo en 20,6 días, o que supón 5 días menos que a media autonómica, que foi de 25,4 días.

En comparación co mes anterior, o período medio de pago en Galicia é 6 días máis baixo, xa que en decembro de 2016 o tempo medio de pago era de 26 días. O informe elaborado polo Ministerio mostra tamén que seis comunidades incumpriron en xaneiro o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación.

Galicia mantense un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, tras Castela e León, Navarra, País Vasco, Andalucía, Extremadura, Castela a Mancha e Aragón.

Débeda comercial
En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en xaneiro foi do 0,50%. Galicia conseguiu reducir este indicador un 31,6% no último ano e un 23,5% respecto ao mes de decembro ao baixar ata os 300 millóns de euros, segundo indican os datos do Ministerio de Hacienda.

Comentarios
A Xunta baixou en xaneiro o tempo medio de pago a provedores ata situalo en 20,6 días