Reclaman un incremento progresivo dos seus soldos que en tres anos acade os 440€/mes

As dependentas de Inditex na Coruña irán de novo á folga o 23

As traballadoras das tendas de Inditex acordaron, nas diferentes asembleas celebradas esta semana na provincia da Coruña, convocar unha nova xornada de folga para o venres 23 de decembro, en demanda dunha suba salarial "digna" que lles permita recortar as diferenzas retributivas con outras empresas do grupo téxtil.
As dependentas de Inditex na Coruña irán de novo á folga o 23
Manifestación de traballadoras das tendas de Inditex ás portas do C.C. Cancelas, en Santiago./CIG.
Manifestación de traballadoras das tendas de Inditex ás portas do C.C. Cancelas, en Santiago./CIG.

Logo das xornadas de folga dos pasados 24 e 25 de novembro, as asambleas de traballadores das tendas de Inditex na Coruña desenvolverán varios actos reivindicativos en Santiago, Ferrol e na cidade herculina con carácter previo ao 23 de decembro. Tamén acordaron que, de non producírense movementos por parte de Inditex, irían a unha convocatoria de folga indefinida no mes de xaneiro, coincidindo co período de rebaixas.

As traballadoras rexeitan por insuficiente a proposta presentada por Inditex na mesa de negociación que lograron abrir na provincia da Coruña e que, posteriormente, a multinacional pactou en Madrid con CCOO e UGT, “roubándonos o dereito a negociar nós mesmas e aquí as nosas condicións de traballo”.

As dependentas reclaman un incremento progresivo dos seus soldos que en tres anos acade os 440 €/mes. A empresa limita esta suba a un total de 182,93 €/mes en 2024.

Segundo informan desde o comité provincial, Inditex négase de plano a negociar que se lle aplique ao persoal das tendas os dereitos sociais que xa teñen recoñecidos noutras empresas, como as axudas por coidado, para adquisición de libros ou o bono comedor.

Comentarios
As dependentas de Inditex na Coruña irán de novo á folga o 23