Constitúese este órgano consultivo e asesor

O Consello de Economía Social dará voz a máis de 3.000 entidades

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presidiu en Santiago a constitución do Consello de Economía Social, un órgano que dará voz ás máis de 300.000 persoas e 3.000 entidades que conforman este sector en Galicia.

O Consello de Economía Social dará voz a máis de 3.000 entidades
Constitución en Santiago do Consello de Economía Social.
Constitución en Santiago do Consello de Economía Social.

O Consello de Economía Social será un órgano consultivo e asesor que terá entre os seus retos consolidar en Galicia o terceiro sector e sumar a este ámbito capacidades, con máis emprendemento, sustentabilidade e identidade, dándolle visibilidade aos valores que promove a economía social.

O novo órgano, que nace da Lei da economía social de Galicia, terá entre as súa funcións a difusión da economía social, a elaboración de estudos e propostas, o asesoramento á hora de orientar a cooperación empresarial e á hora de integrar e coordinar a promoción da economía social coas demais políticas públicas. Estará composto por 26 membros que representarán ás entidades, as administracións, as organizacións empresariais, as universidades, as confrarías de pescadores e as comunidades de montes. Do que se trata é, en palabras de Conde, “contribuír ao desenvolvemento económico de Galicia”.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Cond,e explicou que este organismo suporá un punto de inflexión para a actividade deste sector e para difundir os valores da economía social, un modelo económico máis solidario, xusto e equitativo, que procura un desenvolvemento incluínte e pensado para beneficiar ao conxunto da sociedade. En definitiva, un modelo para as persoas.

O sector da economía social é un eido que está en expansión xa que nos tres primeiros meses de 2019 crearonse 52 entidades (37 cooperativas e 15 sociedades laborais).

Comentarios
O Consello de Economía Social dará voz a máis de 3.000 entidades