Actividades formativas, informativas, e estudos

APE Galicia e o Consello Galego de Economistas impulsaran actividades para os autónomos

A Asociación de Autónomos e  Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia) e o Consello Galego de Economistas asinaron en Santiago de Compostela un acordo de colaboración para impulsar e divulgar actividades que resulten de interese para ambas as institucións, dirixidas ao colectivo autónomo.
APE Galicia e o Consello Galego de Economistas impulsaran actividades para os autónomos
O presidente do Consello Galego de Economistas, Miguel Vázquez Taín, e o de APE Galicia, José Ramón Caldas.
O presidente do Consello Galego de Economistas, Miguel Vázquez Taín, e o de APE Galicia, José Ramón Caldas.

O acordo subscrito polo presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas Martínez, e o presidente do  Consello  Galego de Economistas, Miguel Ángel Vázquez  Taín, establece unha liña de traballo cuxo fin último é contribuír ao desenvolvemento económico e social en Galicia.

Entre as actuacións previstas inclúense actividades formativas e xornadas informativas co obxectivo de promover a cultura emprendedora a través do autoemprego, ademais de incluír actuacións que fomenten a inserción laboral dos colectivos máis desfavorecidos. Este acordo permitirá tamén a colaboración entre ambas entidades para a realización de estudos sobre o colectivo autónomo.

Coa firma deste convenio de colaboración preténdese cumprir cun dos obxectivos estratéxicos de  APE Galicia.

Comentarios
APE Galicia e o Consello Galego de Economistas impulsaran actividades para os autónomos