A Deputación colabora na difusión deste programa formativo para directivos

O programa “Generación Digital Pymes” chegará tamén ás pemes ourensás

A Deputación de Ourense colabora no programa “Ourense Dixital Pemes” para impulsar a transformación dixital nas empresas da provincia, programa promovido por ef Business School e o Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga).

O programa “Generación Digital Pymes” chegará tamén ás pemes ourensás
Venancio Salcines, Marta Novoa e , na presentación do programa formativo "Ourense Dixital Pemes".
Venancio Salcines, Marta Novoa e Xosé Miguel Pérez, na presentación do programa formativo "Ourense Dixital Pemes".

vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa; o deputado de Novas Tecnoloxías, Xosé Miguel Pérez; e o presidente de ef Business School e do Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga), Venancio Salcines, expuxeron este martes a xerentes, directores e responsables de recursos humanos de pemes ourensás de entre 10 e 249 traballadores as características do programa “Ourense Dixital Pemes”.

O Goberno de España vén de marcarse como obxectivo a transformación dixital definitiva das pemes mediante o desenvolvemento das competencias dixitais dos seus equipos directivos. Con este fin puxo en marcha o programa “Generación Digital Pymes”, financiado con fondos europeos Next Generation. “Trátase dun curso para que directivos e responsables de equipos de pemes poidan atender e desenvolver un plan de transformación dixital á medida das necesidades da súa empresa”, sinalou Venancio Salcines.

Este plan formativo é impartido en Galicia polas entidades Cesuga e ef Business School. Co obxectivo de chegar ao tecido empresarial ourensán, a Deputación de Ourense asinou un convenio de colaboración con ambas entidades formativas para colaborar na promoción e difusión deste programa, de carácter gratuíto e en formato híbrido (online e presencial), entre as empresas destinatarias e os seus responsables de xestión.

Unha das máximas do goberno provincial é “promover o desenvolvemento sostible na provincia de Ourense a través de políticas públicas a prol da transformación dixital”, sinalou Marta Nóvoa. Na procura dese obxectivo “sumámonos a dar visibilidade as vantaxes que ofrece este programa formativo gratuíto para que o maior número posible de pequenas empresas ourensás adquiran ADN dixital”, engadiu, salientando a importancia da formación como ferramenta “clave” para afrontar os retos que marcan os novos mercados. 

“Trátase de axudar ás pequenas empresas, de entre 10 a 249 traballadores, a formar aos seus directivos e responsables na transformación dixital para que os seus negocios sexan máis competitivos e produtivos neste entorno económico que cambia constantemente a medida que a tecnoloxía evoluciona, para crear unha cultura dixital na empresa que forme parte do ADN dos seus traballadores”, explicou a vicepresidenta primeira da Deputación.

O programa “Generación Digital Pymes” chegará tamén ás pemes ourensás