A reforma requiriu un investimento de case 1,2 millóns de euros
A nova oficina de emprego de Cangas, punto de referencia para o emprego no Morrazo
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou este martes a nova oficina de emprego de Cangas, que permitirá dar resposta ás necesidades da poboación deste municipio e dos limítrofes de Moaña e Bueu.
As novas instalacións da oficina de emprego de Cangas, que recibieron un investimento de case 1,2 millóns de euros, permitirán dar continuidade ao traballo que, desde a Xunta de Galicia, supuxo atender o ano pasado máis de 15.000 citas da comarca do Morrazo.
A oficina, que da servizo aos concellos de Cangas, Moaña e Bueu, conta cunha superficie de case 900 metros cadrados e alberga os dous servizos públicos de emprego: o galego e o estatal. Con máis espazo tanto para as persoas usuarias como para as traballadoras, a infraestrutura dispón dun posto de información, dun sistema intelixente de control de espera, dunha distribución do persoal orientada a servizos, de espazos de usos múltiples con equipamentos multimedia, de arquivo e de sala técnica de informática, entre outros espazos.
O obxectivo é facer que esta oficina se converta nun punto de referencia para o emprego na comarca do Morrazo, no marco da modernización do Servizo Público de Emprego deGalicia que neste 2024 suporá un investimento por parte da Xunta de 8,5 millóns de euros.
Á renovación de oficinas coma esta -con investimento en equipamento, obras e novas infraestruturas-, súmase o reforzo do servizo de orientación laboral e prospección empresarial e a consolidación da ferramenta EMi que sincroniza oferta e demanda en tempo real grazas á intelixencia artificial e á analítica avanzada, co gallo de conseguir dar resposta ás 12.000 vacantes laborais existentes en Galicia.