Buscar
00:17h. Martes, 21 de Agosto de 2018

O CONSELLEIRO PON O ACENTO NA IMPORTANCIA DA FORMACIÓN DO CAPITAL HUMANO

Conde acompaña ao alumnado do curso "Comercio internacional: transporte marítimo e operativa portuaria" nunha visita ao porto de Vigo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou este mércores as instalacións do porto do Vigo, unha actividade enmarcada no curso "Comercio internacional: transporte marítimo e operativa portuaria", organizado polo ICEX coa colaboración da Xunta, a través do Igape.

O conselleiro de Economía na visita ao porto de Vigo xunto aos participantes no curso "Comercio internacional: transporte marítimo e operativa portuaria".
O conselleiro de Economía na visita ao porto de Vigo xunto aos participantes no curso "Comercio internacional: transporte marítimo e operativa portuaria".

Tras a visita, o conselleiro asegurou que o futuro do sector portuario e pesqueiro galego pasa por “centrar os nosos esforzos na formación e a innovación”.

Precisamente os alumnos do curso online que visitaron o porto vigués tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o día a día desta infraestrutura e comprobar sobre o terreo os coñececementos, habilidades técnicas e competencias adquiridas en materia de transporte marítimo de mercancías durante o seu período de formación. Conde destacou o éxito desta iniciativa que xa vai pola cuarta edición e da que se está preparando a quinta e que busca formar persoal cualificado que dea resposta ás demandas das empresas do sector.

O conselleiro incidiu en que un dos eixos da Estratexia de internacionalización da Xunta se centra na formación do capital humano para que Galicia conte con persoal especializado e comprometido coa cultura da internacionalización, un paso imprescindible para contar cun tecido industrial competitivo.

Así, lembrou iniciativas da Consellería de Economía, Emprego e Industria como os talleres, seminarios e xornadas que se oganizan para actualizar coñecementos, o programa xestores de internacionalización ou as bolsas de comercio exterior que xa teñen permitido formar ao redor de 300 titulados en máis de 40 países para apoiar ás empresas na apertura cara a novos mercados.

Conde tamén destacou a importancia do porto de Vigo -líder europeo en descargas de pescado fresco- que definiu como unha infraestrutura clave para impulsar a competitividade da frota galega pero tamén das empresas exportadoras