40 empresas conforman este órgano de apoio

O grupo Isonor incorpórase ao Consello Asesor da Confederación de Empresarios de Lugo

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) suma unha nova adhesión ao seu Consello Asesor, logo da incorporación do grupo Isonor, a través de E-escola, afianzando así a presenza e o compromiso desta entidade coas empresas de Lugo.

O grupo Isonor incorpórase ao Consello Asesor da Confederación de Empresarios de Lugo
Reuniónd e traballo entre membros do grupo Isonor e a Confederacioón de Empresarios de Lugo.
Reunión de traballo entre membros do grupo Isonor e a Confederacioón de Empresarios de Lugo.

A integración materializouse mediante unha reunión de traballo na sede da organización empresarial na que participaron Jaime López, secretario da CEL e Jorge González Cuenca, CEO do grupo Isonor, entre outros.

Desta maneira, o grupo Isonor achega a súa experiencia e saber facer en materia de consultoría, especialmente en áreas novas e con impacto cada vez maior na xestión empresarial, como o cumprimento normativo ou a dixitalización.

Jaime Luís López, secretario xeral da CEL e representantes do grupo, encabezados polo seu CEO, Jorge González Cuenca, definiron as liñas de traballo que compartirán ambas organizacións. A reunión contou tamén coa presenza de Mariluz Pérez Grandas, directora de desenvolvemento territorial de grupo Isonor, Javier Romay, director comercial de desenvolvemento territorial e María Fraguas, tamén da dirección comercial da empresa.

López sinalou que E-escola é “unha empresa de referencia no ámbito formativo en Lugo” e, por tanto, “incentivar unha mellor cualificación dos profesionais lucenses estará entre os obxectivos de cooperación que nos marcamos para próximas datas”.

E-escola está especializada en formación de xestión empresarial tanto para directivos como para traballadores. Conta cunha ampla experiencia en secretaría técnica de congresos e xornadas sectoriais, ademáis da impartición e organización de numerosas edicións do máster de prevención de riscos laborais en colaboración coa Universidade.

O Consello Asesor da CEL é un organismo interno da organización empresarial que agrupa empresas e entidades con presenza na provincia de Lugo, que se constitúen en grupo de apoio, análise, debate e fonte de propostas para a CEL. Actualmente, conta con 40 empresas adheridas, sendo E-escola, a segunda deste ano, tras a incorporación de Mourín Saúde en febreiro de 2023.

O grupo Isonor incorpórase ao Consello Asesor da Confederación de Empresarios de Lugo