Xornada “Enerxías renovables e a transición enerxética en Galicia”

A Cámara e as asociacións Área Empresarial do Tambre e Novo Milladoiro promoven unha comunidade enerxética empresarial

A Cámara de Comercio de Santiago, a Asociación Área Empresarial do Tambre e a Asociación Novo Milladoiro porán en marcha unha comunidade enerxética empresarial para beneficiar aos autónomos e pemes ubicados nos polígonos do Tambre, Boisaca, Costa Vella, Sionlla e Milladoiro.
A Cámara e as asociacións Área Empresarial do Tambre e Novo Milladoiro promoven unha comunidade enerxética empresarial
María Pais, presidenta da Cámara de Comercio de Santiago, durante a súa intervención na xornada.
María Pais, presidenta da Cámara de Comercio de Santiago, durante a súa intervención na xornada.

Anunciouno a presidenta da entidade cameral compostelá, María Pais Fajín, na xornada que tivo lugar no Hotel A Quinta da Auga sobre “Enerxías renovables e a transición enerxética en Galicia”.

O acto, organizado pola Cámara de Comercio de Santiago en colaboración con Abanca, contou ademáis coa participación nos actos de benvida e peche, de Juan Ignacio Rodríguez Fernández-Arroyo, director do Departamento de Enerxía do Inega, Xesús Manuel Domínguez Domínguez, terceiro tenente da Alcaldesa e concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías e Obras de Santiago, e José Lino Comesaña Calvo, cirector de Negocio Institucional de Abanca en Galicia, Asturias, León e País Vasco.

Pola súa banda, Joaquín López Pérez, xefe de Área de Enerxías Renovables do Inega, informou aos asistentes do programa de incentivos ao autoconsumo e a proxectos de comunidades enerxéticas da Xunta de Galicia, e por último, Javier Zuazola, director comercial de EDINOR e José Andrés Palacio, director da Cámara de Comercio de Navarra, falaron da importancia medioambiental, social e económica da posta en marcha destas comunidades e do papel que as Cámaras de Comercio están a xogar no desenvolvemento económico sostible da súa demarcación, mediante a promoción e constitución por todo o territorio nacional de Comunidades enerxéticas locais e empresariais. Modelo que sería perfectamente extrapolable á nosa Comunidade.

Comunidades enerxéticas para optimizar a factura eléctrica

A presidenta da Cámara de Comercio de Santiago destacou destacou a “necesidade de promover unha economía sostible e equilibrada co medio ambiente, nos termos recollidos na Axenda 2030 e, neste sentido, as comunidades enerxéticas son un vehículo eficaz para a transición enerxética, ao supoñer ou uso de fontes de enerxía verde que permitan alcanzar un desenvolvemento económico sostible e mellorar a competitividade das nosas empresas a través do aforro dos seus custos enerxéticos”.

As empresas que se adhiran á comunidade enerxética, poderán beneficiarse, mediante a colocación de instalacións fotovoltaicas en réxime de autoconsumo compartido, dun aforro dos seus custos enerxéticos nunha porcentaxe aproximada dun 25%, e dunha compra mancomunada de enerxía 100% renovable para o 75% restante, o que lle permitirá optimizar dun xeito considerable a súa factura. Cuestión non baladí, se temos en conta que moitas das empresas ubicadas nos polígonos da área compostelá son electrointensivas.

Para seguir avanzando na posta en marcha desta comunidade, en breve se iniciarán estudos individualizados sen coste algún para as empresas interesadas ao obxecto de cuantificar a súa demanda enerxética, o aforro de custes que se prevén obter e a inversión necesaria a acometer, a cal poderá subvencionarse ata nun 60% a través dunha convocatoria de axudas financiada con fondos Next Generation-EU.

A Cámara e as asociacións Área Empresarial do Tambre e Novo Milladoiro promoven unha comunidade enerxética empresarial