Asinan un convenio de colaboración
A Área Empresarial do Tambre e Cáritas promoverán a responsabilidade social empresarial
![José Fernández Alborés, e o director da organización asistencial, Luis Calviño Pueyo.](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/economiaengalicia/images/2020/07/14/2020071420240964647.jpg)
O convenio foi rubricado polo presidente da asociación empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, e o director da organización asistencial, Luis Calviño Pueyo.
O acordo está orientado a poñer en coñecemento dos membros da entidade empresarial os servizos e programas que desenvolve Cáritas. Ademais, ten por obxecto establecer unha colaboración entre ambos organismos para impulsar e promocionar actuacións encamiñadas a mellorar a responsabilidade social empresarial, fomentar a formación e promoción do emprego dentro dos servizos e competencias de ambas partes.
Segundo o convenio, dun ano de duración, Cáritas poderá usar as instalacións do Centro Empresarial do Tambre nas mesmas condicións que os socios da asociación. Pola súa parte, a AAET informará a Cáritas das xornadas, talleres e outras accións formativas e informativas que se celebren nas súas instalacións. Tamén poderán promover conxuntamente actividades e fomentalas entre os seus asociados.