Continúa así a súa expansión en Galicia

Alcampo abre en Ourense e Verín os dous primeiros supermercados da provincia

Alcampo abre este mes os seus dous primeiros supermercados na provincia de Ourense, un ubicado na capital ourensá e outro en Verín. As dúas novas aperturas suporán a incorporación de 18 traballadores.

Alcampo abre en Ourense e Verín os dous primeiros supermercados da provincia
Trabajadora de Alcampo.
Traballadora de Alcampo.

A operación de expansión levada a cabo polo grupo Alcampo continúa coa apertura, este mércores, dun novo supermercado en Ourense e o próximo día 20 de xuño doutro en Verín.

A tenda de Ourense contará con mostradores tradicionais de peixería e carnicería, queixos e charcutaría, atendidos por profesionais do oficio, así como unha panadería autoservizo con venta a granel de produtos recén enfornados. O establecemento de Verín, pola súa parte, ofrece en libre servizo unha ampla variedade de produtos frescos, droguería e perfumería, ademais dun mostrador tradicional de carnicería.

A filosofía de empresa segue fiel ao compromiso con “o bo, o san e o local” e posibilita aos seus clientes escoller entre máis de 12.000 referencias, incluíndo unha ampla variedade de produtos procedentes de lonxas galegas, gandeiros, envasadores, pequenos industriais e agricultores de Galicia. Neste sentido, Alcampo aposta por preservar a riqueza gastronómica da zona, ofrecer un punto máis de calidade e trazabilidade, reforzar o coidado do medio ambiente e do medio social, así como axudar a impulsar a reactivación da economía da zona.

Alcampo abre en Ourense e Verín os dous primeiros supermercados da provincia