O banco financiará a campaña “Días Azuis do Comercio Galego”

Abanca consensúa coa Federación Galega de Comercio unha nova oferta financeira para o sector

Abanca e a Federación Galega de Comercio veñen de refrendar un novo acordo de colaboración co obxectivo de seguir mellorando a competitividade dos establecementos de proximidade a través do financiamento e a incentivación das compras entre os consumidores.
Abanca consensúa coa Federación Galega de Comercio unha nova oferta financeira para o sector
Zaira Dapena e José María Seijas, tras a firma do acordo de colaboración.
Zaira Dapena e José María Seijas, tras a firma do acordo de colaboración.

O protocolo foi referendado en Lugo polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e a directora territorial de Abanca en Lugo, Zaira Dapena. A alianza entre a entidade bancaria e a Federación Galega do Comercio pon o foco no acceso ao crédito en condicións vantaxosas e no impulso á dixitalización dos negocios e ás solucións que faciliten aos clientes o pago das súas compras.

Tras a sinatura do novo convenio, José María Seijas destacou a importancia deste acordo para dar resposta ás necesidades actuais de crédito e servizos bancarios do sector comercial galego, fundamental para garantir a súa competitividade. Tamén lembrou a relación histórica que manteñen a Federación e Abanca e a colaboración constante en actuacións que promoven o desenvolvemento e dinamización do comercio de proximidade de Galicia.

Pola súa banda, Zaira Dapena resaltou que este novo acordo posibilita que os comerciantes adheridos á federación poidan acceder a “fórmulas de financiamento e solucións de dixitalización e de pago adaptadas ás súas particularidades e coas mellores condicións, que van contribuír a seguir potenciando a súa mellora competitiva e transformación dixital”. A responsable territorial de Abanca na provincia de Lugo subliñou o “compromiso irrenunciable do banco co tecido comercial galego de proximidade”, ao que dá servizo a través dunha unidade especializada, Abanca Negocios, e dun catálogo específico de produtos e servizos para este segmento.

Oferta financeira mellorada para os comerciantes

A través do acordo asinado, Abanca pon a disposición dos comerciantes adheridos unha oferta a medida, con produtos adaptados e flexibles, con amplos prazos de amortización, tipos de xuro moi competitivos ou mesmo con posibilidade de carencia nalgúns casos. Tamén se inclúen no catálogo financiamento para atender as necesidades máis inmediatas do día a día e solucións ofertadas por organismos oficiais como ICO, IGAPE e as SGR galegas, así como seguros personalizados que adaptan as coberturas á actividade do negocio e ao perfil do cliente.

A entidade financeira presenta tamén unha ampla gama de dispositivos TPV, así como o servizo de compras ‘Aplazos’, TPV virtuais e banca a distancia, con soluciones como ‘Appúntame’, para a xestión de cobros fixos periódicos, e un plan de acción para axudar os comerciantes a levar os seus negocios á internet e a acceder ás axudas europeas do programa Kit Dixital.

Nova edición de ‘Días Azuis do Comercio Galego’

O convenio recolle, un ano máis, o financiamento de Abanca na campaña de promoción “Días Azuis do Comercio Galego”, que busca dinamizar as vendas nos establecementos de proximidade. Nesta iniciativa, que se desenvolverá en dúas fases nos meses de xuño e novembro, sortearanse 12.000 euros en premios repartidos en 64 tarxetas agasallo para gastar no comercio galego.

Abanca consensúa coa Federación Galega de Comercio unha nova oferta financeira para o sector