Participan no programa ‘Galicia Destino Seguro. Turismo Activo’ de AGETAN

38 empresas de turismo activo solicitan certificar a prestación de servizos seguros fronte á covid-19

A Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, de Aventura e Natureza ( AGETAN) recibiu 38 solicitudes de empresas interesadas en formar parte do programa ‘Galicia Destino Seguro. Turismo Activo’, que certifica a prestación de servizos con garantías de seguridade fronte á covid-19.

38 empresas de turismo activo solicitan certificar a prestación de servizos seguros fronte á covid-19
AGETAN certifica ás empresas de turismo activo de Galicia que ofrecen os seus servizos con garantía de seguridade fronte á covid.
AGETAN certifica ás empresas de turismo activo de Galicia que ofrecen os seus servizos con garantía de seguridade fronte á covid.

O obxectivo do programa ‘Galicia Destino Seguro. Turismo Activo’ é prestar asesoramento e certificar ás empresas de turismo activo de Galicia que desenvolven os seus servizos con garantía de seguridade e hixiene, minimizando o risco fronte ao SARS-CoV-2. Para elo, deberán pasar unha auditoría externa.

Esta iniciativa púxose en marcha ao amparo do convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e  AGETAN para a implementación da medida 24 do ‘Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19’.

Unha vez verificado o cumprimento dos requerimentos establecidos, trabállase xa con cada empresa no proceso de asesoramento para a implantación dos protocolos de seguridade e hixiene. Para isto cada empresa dispón dun manual de certificación, onde se recollen unha serie de aspectos xerais e directrices para a certificación ‘Galicia Destino Seguro. Turismo Activo’, divididas nun total de 79 medidas, e un documento específico por cada unha das especialidades de turismo activo prestadas.

O proceso complétase cunha auditoría externa, que, tras verificar a implementación das medidas, da lugar á certificación.

Así, a diferencia doutras certificacións sectoriais baseadas na autoavaliación, a través deste programa, que engade o aval desta auditoría externa, o turismo activo galego preséntase como “unha das opcións máis seguras e saudables para a realización de actividades de ocio nestes tempos, e busca ser o motor co que, a través da realización de actividades en espazos abertos e con todas as garantías de seguridade, Galicia afronte a súa recuperación turística”.

Así foi trasladado nunha reunión organizada pola Xunta de Galicia e Turismo de Galicia con empresas o colectivos do sectorpor parte do presidente de  AGETAN, PabloLopez, que facendo fincapé na seguridade que ofrecen estas actividades trasladoulles a demanda de que determinadas medidas postas en marcha pola pandemia, como os peches perimetrais e as limitacións nos grupos, non afecten ás súas actividades ordinarias, “xa que ofrecen beneficios saudables, ao aire libre e con todos os protocolos para evitar contaxios”.

38 empresas de turismo activo solicitan certificar a prestación de servizos seguros fronte á covid-19