Emprazado en Ferrol

O Polo Rías Altas e Arco Ártabro asesora 114 proxectos de emprendemento dende a súa creación

Dende a posta en marcha do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Rías Altas e Arco Ártabro, en Ferrol, en decembro do ano pasado, xa son 114 os proxectos promovidos por 123 persoas, das que o 63% son mulleres.

O Polo Rías Altas e Arco Ártabro asesora 114 proxectos de emprendemento dende a súa creación
Vista da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, ao polo Rías Altas e Arco ärtabro.
Vista da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, ao polo Rías Altas e Arco ärtabro.

Na visita da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, a este polo de emprendemento puxo de relevo “dous magníficos exemplos de emprendemento” que pasaron por este centro.

O primeiro deles, Sinuessa Pizza, trátase dun negocio de máquinas expendedoras de pizzas elaboradas con ingredientes frescos e de maneira tradicional ao que a conselleira se referiu como exemplo de “innovación dentro dun negocio con moita consolidación no mercado que está tendo moito éxito na zona da Coruña e Ferrol”.

Por outra banda, La madriguera de Pichi, que se desenvolve na zona de Bergondo e que está centrado en achegar a educación ambiental aos centros escolares, Rivo destacou “a innovación para fomentar a educación en temas ambientais”.

Este polo, emprazado en Ferrol, forma parte dos oito xa en activo e dos 15 que a Consellería prevé estean en funcionamento ao remate deste ano.

Rivo tamén destacou que a rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego xorde para ofrecer un acompañamento continuado ás persoas emprendedoras en cada unha das fases polas que van pasando os seus proxectos, “axudándoos co plan de negocio ou mesmo a facer prototipos dos produtos e a validalos no mercado”. En concreto, perséguese “casar oferta e demanda, axudar ao emprendemento, fixar poboación e dinamizar as diferentes contornas, especialmente no rural”, sinalou a conselleira.

O Polo Rías Altas e Arco Ártabro asesora 114 proxectos de emprendemento dende a súa creación