Organiza AJE Ferrolterra o vindeiro 10 de maio

O Minimarket "Ferrolterra Emprende Xove" alcanza a sexta edición

AJE Ferrolterra celebra o próximo 10 de maio, no pavillón de As Lagoas en Narón, a sexta edición do Minimarket "Ferrolterra Emprende Xove", en formato de feira.

O Minimarket "Ferrolterra Emprende Xove" alcanza a sexta edición
AJE Ferrolterra celebrará o VI Minimarket o 10 de maio.
AJE Ferrolterra celebrará o VI Minimarket o 10 de maio.

O Minimarket "Ferrolterra Emprende Xove" é un concurso entre os estudantes de ESO, Bachirelato e FP das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal con que se pretende fomentar a iniciativa emprendedora entre os máis novos.

Nesta edición, que está sendo a de máis éxito, particpiarán 14 centros da comarca (Ies Concepción Arenal, Ies Sofia Casanova, Compañía de María, Ies Fene, Ayala, Cristo Rey, Mercedarias, A Xunqueira Fene, Jorge Juan Perlio, IES Fernando Esquio, As Mirandas Ares, IES Terra de Trasancos, Jorge Juan Narón, Rodolfo Ucha) que suman aproximadamente máis de 200 estudantes, con medio cento de proxectos en total. Cada un disporá dun pequeno stand no recinto do evento no que expoñer a proposta de proxecto empresarial coa que concorreron a esta convocatoria.

O evento abrirá as súas portas o sábado 10 de maio ás 18 horas, con entrada libre para o público, para que poida coñecer de preto cada unha das iniciativas e votar polo proxecto que máis lles guste, xa que un dos premios é a votación popular mediante papeleta.

Na entrega de galardóns, contra as 20.30 horas, estará presente o presidente de AJE Ferrolterra, Luís González Rey, e representantes de entidades patrocinadoras e colaboradoras.

A feira Minimarket "Ferrolterra Emprende Xove" é o punto final dun proceso que se desenvolveu durante todo o curso escolar a través de sete obradoiros en cada centro impartidos por profesionais destinados a desenvolver facultades coma a capacidade de xestión, a autoestima, ,a creatividade, as habilidades sociais e persoais, o traballo en equipo….Ao mesmo tempo os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer a experiencia emprendedora dos empresarios novos e contar cun mentor empresario.

Esta iniciativa de AJE Ferrolterra conta co patrocinio de Concello de Ferrol, o Concello de Narón, e a colaboración de A Deputación de A Coruña, Cándido Hermida, Gadis, Ortegal Oil y J. Rilo.

O Minimarket "Ferrolterra Emprende Xove" alcanza a sexta edición