COMEZAN O 20 DE ABRIL E DESENVOLVERANSE VÍA STREAMING

A Cámara de Santiago promove programas personalizados de emprendemento xuvenil

A Cámara de Comercio de Santiago, en colaboración coa Fundación Incyde e co cofinanciamento do Concello de Santiago e do Fondo Social Europeo comeza o luns 20 de abril, dous programas formativos online dirixidos a menores de 30 anos inscritos en Garantía Xuvenil.

A Cámara de Santiago promove programas personalizados de emprendemento xuvenil
Cartel dun dos programas formativos da Cámara de Santiago.
Cartel dun dos programas formativos da Cámara de Santiago.

O obxectivo destes programas formativos da Cámara compostelana é contribuír á inserción no mercado de traballo a través do emprendement, de mozos e mozas menores de 30 anos, que nin estudan nin traballan. A través da súa participación no programa “Constrúe o teu futuro: programas personalizados para emprendemento xuvenil”, aínda que non poñan en marcha a súa propia empresa, a experiencia reportaralles coñecementos e habilidades empresariais esenciais como a creatividade, iniciativa, tenacidade, traballo en equipo, xestión do risco e sentido da responsabilidade. Cualidades valoradas no mundo profesional e que, por tanto, incrementan a súa empregabilidade.

Programa de Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento

O Programa de Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento está dirixido a emprendedores e profesionais que desexen optimizar e especializarse en competencias do marketing dixital e o aproveitamento efectivo das redes sociais e a web 2.0, permitíndolles incrementar a súa calidade profesional e mellorar a súa empregabilidade.

O programa axudará aos participantes a definir a súa propia estratexia de comunicación nos novos medios sociais (redes sociais, blogs, buscadores, etc.), o plan de marketing dixital e a execución de accións para mellorar a reputación e o posicionamento dos seus produtos/servizos na internet.

Programa de Tendas Virtuais e Emprendemento

O Programa de Tendas Virtuais e Emprendemento estará dirixido a persoas interesadas en mellorar ou consolidar á actividade comercial a través da programación e creación de tendas virtuais. A través deste programa, os participantes aprenderán a: deseñar unha tenda online en Wordpress, coñecer o contexto que rodea o sector da venda na internet, deseñar un plan de marketing online para unha tenda online e, acceder a provedores e recursos valiosos para seguir a aprendizaxe unha vez terminado o curso.

O obxectivo fundamental dos dous programas é o de proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o plan de empresa ou de mellora, que pode empregar o promotor non só como guía de referencia para a posta en marcha e/ou consolidación do seu negocio, tamén lle pode servir como medio de argumentación da súa viabilidade ante entidades públicas e financieras. O programa axudará aos participantes a definir a súa propia estratexia de comunicación nos novos medios sociais, o plan de márketing dixital e a execución de accións para mellorar a reputación e o posicionamento dos seus produtos ou servizos na internet.

Os programas formativos via streaming son gratuitos previa inscrición na páxina web da Cámara de Santiago.

Comentarios
A Cámara de Santiago promove programas personalizados de emprendemento xuvenil