Os afectados por ERTE serán colectivo prioritario das accións formativas

A Xunta ofrecerá ata 2023 máis de 1.200 cursos de formación para desempregados

A Xunta de Galicia autorizou este xoves a segunda convocatoria de accións formativas para persoas desempregadas para 2022 e 2023. En total, a Administración galega investirá case 50 millóns de euros na formación de 12.000 persoas desempregadas a través de máis de 1.200 cursos que porán o foco nas especialidades con máis demanda.
A Xunta ofrecerá ata 2023 máis de 1.200 cursos de formación para desempregados
El operador R ha puesto en marcha una plataforma de teleformación dirigida a las empresas.
Os cursos impartiranse en modalidade presencial, a distancia ou mixta.

A Xunta vai investir 49,7 millóns de euros en axudas para financiar unhas 1.207 accións formativas dirixidas a mellorar a cualificación de 12.379 persoas desempregadas. O Consello da Xunta deuo visto bo á segunda convocatoria desta liña de axudas para os anos 2022 e 2023, que supera nun 12 % o orzamento da anterior, nunha aposta decidida da Xunta por mellorar a cualificación da poboación traballadora galega para asegurar a súa empregabilidade.

O Goberno galego seguirá a apostar por unha formación flexible, que impulsará a teleformación e a aula virtual como modalidade. Atenderá ademais as especiais condicións en que se atopan persoas afectadas por ERTE, que serán colectivo prioritario nas convocatorias de cursos, así como as galegas e galegos con discapacidade física, psíquica ou sensorial. Poderán tomar parte nestas accións -cun tope do 30 % de participación- persoas traballadoras ocupadas sempre que as prazas non se cubran con desempregados.

Poderán acceder ás axudas convocadas centros ou entidades de formación debidamente acreditados para impartir formación profesional para o emprego en Galicia en modalidade presencial, a distancia ou mixta. En canto as accións ofertadas, deberanse dirixir a impartir competencias clave ou especialidades que permitan obter o correspondente certificado de profesionalidade.

Máis cursos para as temáticas con máis demanda no mercado

A orde fará unha reserva orzamentaria específica do 40% para os cursos que poñan o acento en temáticas con maior demanda ou perspectivas de emprego. Priorizaranse, así, os cursos en materias como industria 4.0 ou competencias dixitais, e en áreas que demandan man de obra como a atención sociosanitaria, instalacións solares, socorrismo e salvamento, xestión contable ou restauración, entre outras.

Como novidade, a actual convocatoria ofrece un módulo transversal de formación en prevención de riscos laborais que capacitará as persoas participantes para o desempeño de funcións de nivel básico neste eido.

Unha vez concretada a oferta, os alumnos e alumnas poderán acceder a estes cursos a través das oficinas de emprego de Galicia, da páxina web https://emprego.xunta.gal ou mediante solicitude directa ás entidades de formación beneficiaria.

Unha inserción media do 60%

Desde o ano 2014 o Goberno galego leva financiadas por valor de case 253 millóns de euros, un total de 5.374 cursos en que tomaron parte preto de 67.000 persoas. A media de inserción nas cinco convocatorias pechadas acadou o 60 %, co que 6 de cada 10 persoas que participan nas accións formativas para desempregados conseguen a súa meta de acceder ao mercado laboral cun contrato.

O programa insírese no Plan galego de formación para o emprego, dotado para o presente ano con 117 millóns de euros, o que supón máis do 77 % con respecto ao exercicio anterior.

A Xunta ofrecerá ata 2023 máis de 1.200 cursos de formación para desempregados